As Efeméridas de Manuel Gago

Share
 

Manage series 1916889
By dorfun. Discovered by Player FM and our community — copyright is owned by the publisher, not Player FM, and audio is streamed directly from their servers. Hit the Subscribe button to track updates in Player FM, or paste the feed URL into other podcast apps.
Poderás escoitar a Manuel Gago todos os xoves, ás 11.15 h. da mañá, no programa Galicia por diante da Radio Galega. Serán as Efeméridas, as Efemérides efémeras que seleccionará para ti. Que que raio é iso? Pois habitualmente temos unha idea das Efemérides vinculadas ao nacemento ou morte de grandes prebostes, políticos, científicos ou artistas, conmemoración de batallas, conquistas, caídas e descensos de imperios. Manuel Gago quere ofrecerche outra cousa ben divertida: explorar a inxente documentación galega, desde a Idade Media (ou a veces antes) ata o século XX, para conmemorar feitos pequenos que nos contan moito de nós mesmos: desde caídas dun carro ata vendas de leiras, pasando por representacións teatrais, rifas entre parroquias ou batallas esquencidas. Pequenas historias coas que podemos aprender moito do noso pasado. Cada xoves, xa sabes, un par de Efeméridas na Radio galega. ;-) Texto e máis información en www.manuelgago.org/blog/index.php/2016/07/04/as-efemeridas-todos-os-mercores-na-radio-galega/ RSS para a subscrición: http://www.ivoox.com/as-efemeridas-manuel-gago_fg_f1303922_filtro_1.xml

78 episodes