Divertimento - Especial Ruben Artabe, proxecto "Cataratas" + Concerto Ateneo "Canciones de Pan"

1:56:07
 
Share
 

Manage episode 249989246 series 1851505
By André Pequeno Monstro. Discovered by Player FM and our community — copyright is owned by the publisher, not Player FM, and audio is streamed directly from their servers. Hit the Subscribe button to track updates in Player FM, or paste the feed URL into other podcast apps.
Venres 27 de febreiro entre as 18:00 e 20:00 h, aconteceu unha nova edición de DIVERTIMENTO PARA PEQUENOS MONSTROS,, o programa máis surreal da Rádio Filispim, 93.9 FM. Especial CATARATAS de Rubén Artabe. Entrevista ao autor ferrolán, quen nos apresentou o seu novo proxecto: CATARATAS, coa interpretación dalgunha das novas pezas en directo no estudio. Conversamos longo e tendido ... do presente, pasado e futuro rubeniano, do Woodstock galego que se celebra en Teo e da gravidade de Río Records no Inferno. Admáis, Rubén, oubeou durante o programa varias veces e finalmente acordamos abrir un evento no face: unha quedada na traseira do Mercado de Caranza para chapotear nos charcos e enfangarnos completamente espid@s, nun Woodstock caranzeiro, algo grave. Como a situación era realmente insostíbel, decidimos marcharnos na metade do programa, polo que na última hora do programa, quedamos coa gravación íntegra, en exclusiva mundial, do concerto que RUBÉN ARTABE, acompañado de Andrea Gómez Navarrete (acordeón e bombo legüero) e Soraya García (frauta e piano), deu no Ateneo Ferrolan o pasado 28 de xuño de 2014, na apresentación do seu primeiro álbum, Canciones de Pan. Conduciron e apresentaron completamente afectados: Ana Lucecú e o Pequeno Monstro. Grazas a Rubén Artabe polo seu sentido do humor, neste programa certamente surrealista. Emisión: Radio Filispim 93.9FM & Rádio Kalimera, 107.9FM Vía streaming, para toda a galaxia, en: http://opaii.blogspot.com

40 episodes