Músicaslivres public
[search 0]
Download the App!
show episodes
 
Artwork
 
C'mmons baby! é un podcast sobre músicas distribuidas baixo licenzas copyleft, creative commons ou de libre descarga. (CC + copyleft + free downloadable) music podcast
  continue reading
 
Loading …
show series
 
Saúdos e benvindes a emisión especial, 15.º aniversario de C'mmons baby! Como mudaron os tempos nestes quince anos, eh? Ben, como sempre dixen acá, Cb! naceu o día dos defuntos e naceu xa morrido, por iso nunca vai morrer de todo, é un podcast non-morto e hoxe resucita, por un día máis, como o cerebro do lobishome, que tamén está aínda vivo. (durac…
  continue reading
 
Benvidas e benvidos á última emisión de C'mmons baby! Antes de nada clarexar que isto é unha conclusión, non un regreso. Quero tamén desculparme por tardar cinco anos en gravar iso -a vida non deixa vivir ás veces- e desculpas tamén polo son estraño, por momentos, da miña voz, mais non sei que pasaba co micrófono que facía cousas raras. Debe ser qu…
  continue reading
 
Facemos oito anos de emisións. Este de hoxe non é un programa especial, é un programa inmortal. Queridos amigos, a natureza é cruel e salvaxe, só sobreviven os animais afoutos, como a loba; hoxe, día de defuntos, imos ouvear á lúa como quen venta o final. Aaauuuuuuhhhhhhh!! (duración: 23'20''). baixar .mp3 / baixar .ogg Vita and the Woolf. Mary (Si…
  continue reading
 
Regueifar regueifarei, loguiño de comezar, temos hoxe no C'mmons baby! hiphopiño, un verso e tamén rap. Un xénero pouco tocado no programa do que ía sendo tempo xa de botar unha picada.(duración: 23'33''). baixar .mp3 / baixar .ogg Projeto Manada. Um por todos (LP Urbanidades, 2008 / Compilation TZT#01 São Paulo is burning!, 2010 Cheese N Pot-C. As…
  continue reading
 
Como ovos batidos até homoxeneizar clara e xema, e pasados despois pola tixola, así andamos... afrancesando a música (duración: 17'23''). baixar .mp3 / baixar .ogg Rachel Baz. J'aime toi (LP Ramenez-moi, 207) Half Asleep. (une histoire d’)Astronautes-marîns-pêcheurs (LP Subtitles For The Silent Versions, 2011) Josianne Paradis. Au coeur de toi (LP …
  continue reading
 
Na anterior emisión metín a zoca, dixen Dédalo onde debería ter dito Ícaro, e non vai ser a última vez que o faga. Hoxe mesmo esquecín dicir "...cuando el público hace caso" antes de poñervos un importante aviso da xente de proxecto dHábitat. (duración: 19'37''). baixar mp3 / baixar ogg Nouvelle Cuisine. Ícaro (EP Mientras tanto (Colección otoño​/​…
  continue reading
 
Celebramos o sétimo cabodano con demora e o anuncio de nova época e formato. Comentamos tamén o resultado da enquisa que lanzamos días atrás e obramos o que consideramos mellor (para ter máis ou menos contentos a todos). Estreamos nova sección: As faixas do faiado, recuperando aos The Dots. (duración: 39'20''). baixar mp3 / baixar ogg Juani. Déjame…
  continue reading
 
Encetamos ciclo ourobórico en C'mmons baby! Abrimos unha serie de emisións que abriran co mesmo músico co que se pecha a emisión anterior. Entramentres, na España, hai novo rei, revalidado nun ciclo infinito coma un gif animado (duración: 25'15''). baixar mp3 / baixar ogg Las Buenas Noches. Anti-nana (Hoy ya es mañana, LP 2014) Candy Says. Not king…
  continue reading
 
Tantos meses de ausencia e escollo para gravar este día que ando arrefriado para volver... non vos teño remedio. Encanamos coa emisión anterior e seguimos con guitarras, guitarras, guitarras para cargar as pillas (duración: 24'57''). baixar mp3 / baixar ogg Kine Hjeldnes. Cracks (Elude, EP 2014) Camarada Nimoy. Satélite Disidente (Camarada Nimoy, L…
  continue reading
 
Este é o especial 6º cabodano de C'mmons baby! que debería ter saído o 2 de novembro. Chegou tarde, mas chegou, chegou cheo de arrepiantes novas para o proletariado e fermosas historias de medo. Morte e amor loitando xuntos, Tánatos e Eros, cada un nunha aurícula dos teus ouvidos (duración 30'38"). baixar mp3 / baixar ogg Nasimiyu. Time is a train …
  continue reading
 
Chegamos con cinco meses de atraso, mais regresamos dispostos a demoler este sistema fedorento, a coller forzas para recuperar o ritmo perdido e construír un novo espazo. (duración 21'13"). baixar mp3 / baixar ogg Das Kapital. Demoler (Grecia, LP) William J. Le Petomane. You don't treat me right (Bad news baby, LP) Digits. Love is only affection (L…
  continue reading
 
Regresamos despois do secuestro. Se cadra precisaba tempo para recuperarme da experiencia, mais nunca houbo C'mmons baby! secuestrado que non regresase, e aquí andamos de volta; dando conta dalgunhas novidades que saíran mentres estivemos ausentes (duración 18'45"). baixar mp3 / baixar ogg New Kind of Mambo. Monkey swing (New Kind of Mambo, EP) Uni…
  continue reading
 
Liberado xa, polos amabeis alumnos secuestradores, publico a crónica do que foi unha experiencia tan arrepiante como gostosa. Isto é o que deu de si o Obradoiro de radio e podcasting desta fin de semana en Vedra. Grazas a todos os alumnos (Belén, Concha, Susana, Cristina, Sonia, Cristina, Mónica, Sergio, Lorena, Miguel, Jesús, Cristina e Antón) por…
  continue reading
 
Balbuce o ano 2013, mais imos despedir o 2012 con algúns vellos coñecidos (algúns sen lanzar nada novo desde hai ben tempo) que decidiron regresar con novas músicas a finais deste ano que marchou. Tamén anuncio o obradoiro sobre podcasting e radio en internet que vou dar no LAV 2013 de Vedra no mes de febreiro. (duración: 23'40") Baixar o mp3 / bai…
  continue reading
 
Despois de máis de mes e medio de atraso chega o especial 5º cabodano. É pouco especial, a non ser porque é o duplo de longo na duración. Pedimos perdón pola demora e repasamos músicas dalgúns vellos "amigos" e traemos outras dalgúns novos. Tamén anunciamos que de aquí en diante C'mmons baby! vai ser reemitido desde Madrid via Nosuti Radio. (duraci…
  continue reading
 
Falta menos dun mes para o noso quinto cabodano e aínda menos para as eleicións galegas. É o momento dos anónimos, é o momento de que fale a maioría calada. É case o único momento no que os políticos se lembran de nós e reparan en que existimos. Ide votar, ho! O noso voto é a nosa voz, a voz da xente da rúa, a voz da xente anónima. (duración: 17'37…
  continue reading
 
Entramos na emisión septuaxésimo quinta, chegados aquí, cumpre reflexionar. Cando comecei con C'mmons baby! pensaba que duraría até os cinco anos ou os cen programas, o que antes chegase; o quinto cabodano está aí á volta e para chegar ás cen emisións faltan polo menos dous anos, agora estou na encrucillada de arriar (como pensara) ou seguir. Isto …
  continue reading
 
Pechamos a triloxía sobre a "crisi" da apocalipse económica cun extra de verán para coller novos folgos e enfrontarnos ao futuro con xiria. Facemos un repaso a algunhas das cousas máis típicas do verán: os mosquitos, as cañas, o tinto de verano e os romances, o turismo e os jodechinchos. (duración: 20'59") Baixar o mp3 Birdene. I will never see de …
  continue reading
 
Con tanta política de recortes imos de cabeza cara o precipicio da miseria, e no horizonte nada máis se ve un deserto ermo, mais estrelado. (duración: 19'28") Baixar o mp3 TV Girl. Misery (The Wild, The Innocent, The TV Shuffle, LP) Arma X. Campeones (Fundación Robo, LP colectivo) Camarada Nimoy. Interferencias no microondas (Camarada Nimoy, EP) Le…
  continue reading
 
Amiguiños, imos para o carallo, isto vai do malo para o pior, estamos no bordo do precipicio, é a fin que agoiraban os maias... E como chegamos a isto? pola cobiza enferma e a propia existencia do diñeiro. Isto só se amaña cunha revolta. Mais non vos preocupar, todo ha volver ao de antes e todos felices. (duración: 17'44"). Baixar o mp3 Miren Iza. …
  continue reading
 
Parecía que o verán adiantado chegara para ficar, mais volveu a chuvia e houbo que tirar outra vez de gabardinas. Tamén Cb! volve aínda que alguén poidera pensar que coas longas ausencians entre emisión e emisión xa estaba morto. Murmuracións (duración: 17'29"). Baixar o mp3 Thee Brandy Hips. Ice cream ballad (Raincoat, LP) Starlight Girls. Gossip …
  continue reading
 
Pasou tanto tempo que non sei se aínda haberá alguén aí, agardando. A escolma desta emisión estaba pensada para os días de frío de princípios de ano. Agora vai sol, calor e as raiolas de sol entran brillando radiantes pola fiestra dos nosos estudios en Oslo (duración: 14'04"). baixar .mp3 / baixar .ogg Tracky Birthday. Hot Dad Cool Hit (New Album, …
  continue reading
 
Nesta época do ano de friaxes, chuvias e festas de solsticios invernais, o que máis presta é ficar na casa, a caloriña do lar (duración: 15'59"). Baixar o mp3 El sueño de la casa propia. Yor frend TV Girl. Baby you were there (Benny and the Jetts, EP) Bangor. Anónimo (Lembrarás este cuarto?) Karibean. Down before Xmas (A Christmas Special, EP) Spag…
  continue reading
 
Pasou o día de defuntos, o noso cabodano, e chega o noso especial con algo de demora, ben é certo que hoxe é san Martiño, que tamén é un día de defuntos, de porcos defuntos. Repasamos as catro cancións libres máis escoitadas nestes catro anos que levamos de andada. (duración 20'13") Baixar o mp3 Half Asleep. Un quart (We are now seated in profile L…
  continue reading
 
Os paxaros foron cantar á terra do millo corvo porque son ceibes, porque poden ir e vir onde lles pete. Pola contra, nós (tamén coñecidos como humanidade) somos escravos dos cartos (duración 16'30"). Baixar o mp3 Mombojó. Passarinho colorido (Amigo do tempo, LP) Birds are indie. Snooker and curling (Life is long, EP) T Bird & The Breaks. Stand up (…
  continue reading
 
Loading …

Quick Reference Guide