Musulmán public
[search 0]
More
Download the App!
show episodes
 
Loading …
show series
 
Por que se produciu un brusco descenso da poboación no s. XIV? Que sectores económicos se viron afectados pola crise na Baixa Idade Media? Que motivou a forte conflitividade social neste período final da Idade Media? Quen foron os Irmandiños? A estas e outras preguntas imos tentar dar resposta neste episodio. Se queres acceder ás notas do episodio,…
  continue reading
 
En que consiste a monarquía feudal? Que teñen de diferente estes reis feudais fronte a outros ao longo da historia? Por que se di que a sociedade feudal é estamental? Que funcións tiñan os diferentes grupos sociais na época feudal? A estas e outras preguntas imos tentar dar resposta neste episodio. Se queres acceder ás notas do episodio, visita o n…
  continue reading
 
1. Que entendemos por Reconquista? 2. Que significa que se fale de diversos modelos de repoboación na Península Ibérica durante a Idade Media? 3. Que ten que ver a construción do Estado liberal en España no s. XIX coa idea da Reconquista e Repoboación? 4. Se na Galiza non se pode falar para a Idade Media nin de Reconquista nin de repoboación, é que…
  continue reading
 
1. Como se produciu a chegada do Islam á Península Ibérica? 2. En cantas etapas poderiamos dividir a historia de Al-Ándalus? 3. Por que se di que Al-Ándalus chegou a ser un referente político, económico e cultural na Europa occidental na Idade Media? 4. Foi Galiza ocupada polos musulmáns? A estas e outras preguntas imos tentar dar resposta neste ep…
  continue reading
 
1. Quen foron os visigodos? 2. Que características presenta o reino que fundaron na península? 3. Por que este reino se desintegrou tan rapidamente trala derrota na batalla de Guadalete fronte as tropas musulmás no ano 711? 4. Temos que saber toda a listaxe de nomes dos reis godos? A estas e outras preguntas imos tentar dar resposta neste episodio.…
  continue reading
 
1. Como se produciu a conquista romana da península Ibérica? 2. Como organizaron os romanos este territorio? 3. Que influencia tivo desde o punto de vista económico e social para as poboacións indíxenas da Península a súa incorporación ao mundo romano? 4. Que se entende por romanización? A estas e outras preguntas imos tentar dar resposta neste epi…
  continue reading
 
Que pobos habitaban a Península Ibérica á chegada dos romanos? Quen foron os íberos? Existiron celtas na Península Ibérica? Galiza foi celta? Que ten que ver con todo isto a cultura castrexa? Viaxemos até o 218 a.C. para responder a estas preguntas. Se queres acceder ás notas do episodio, visita o noso blog: http://facemoshistoria.wordpress.com CRÉ…
  continue reading
 
A que denominamos Neolítico? Cando tivo lugar? Que transformacións comportou? Existiu Neolítico na Galiza? A estas e outras preguntas imos tentar dar resposta neste episodio. Benvidas/os a este serie onde imos abordar os contidos da materia de Historia de España de 2º de Bacharelato. Este é o episodio 1. Lembra, que se prefires, pódeste subscribir …
  continue reading
 
“O estudo da historia de España é esencial para o coñecemento e comprensión non só do noso pasado senón tamén do mundo actual”. Con esta frase ábrese a introdución do currículum oficial na Galiza da materia de Historia de España de 2º de Bacharelato. Pois sobre esta materia, a historia de España, a historia da Galiza no ensino obrigatorio, vai este…
  continue reading
 
Aproveitando esta fin do verán, comentámovos o que non estivemos a facer neste tempo e que é o que SI imos facer na nova xeira de Facemos historia, que comeza en setembro. CRÉDITOS (todas as obras utilizadas distribúense baixo a licenza Creative Commons): Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn). AS M…
  continue reading
 
Quen non escoitou algunha vez, nas aulas de historia do instituto, a pregunta de se había que saberse as datas. Quen non dixo a si mesmo: a ver se non, a ver se non!. Estudo de historia e chapatoria aparecían moitas veces unidos, froito dun ensino tradicional que enfatizaba ou esixía esa aprendizaxe memorística. Neste episodio adéntramos no mundo d…
  continue reading
 
Hace tan solo 10 años, Carlos Alvarado tocaba en una banda de rock mientras trabajaba además como asesor de comunicación política en el despacho de un diputado del PAC. La dualidad con la lleva su vida lo ha llevado a tomar grandes retos; Uno de ellos, el disputarse junto a otros candidatos, la presidencia de Costa Rica.…
  continue reading
 
Non vivimos alleos á realidade do que está a acontecer en Catalunya, ou mais ben no conxunto do Estado, mais non imos dedicar o noso episodio ao tema, case monotema e que provoca longas e acendidas discusións. Facemos historia e gostamos da historia, polo que nos chamou a atención que non fixo falla agardar moito tempo antes que xurdisen as "refere…
  continue reading
 
Escuchar el llamado de su corazón y seguir la religión islámica fue lo que hizo Jenny Torres luego de vivir 33 años en la fe católica. Esta transformación hizo que viviera fuertes y difíciles experiencias, sin embargo ella asegura que fue la mejor decisión que pudo haber tomado.By Yo Persona
  continue reading
 
Una historia llena de contrastes, llena de miedos y luchas. Sobresale y triunfa quien logra vencer las adversidades que la vida presenta. La familia, el trabajo, viajes y hasta la muerte han acompañado a este porteño que nos dice que el futuro no existe, uno lo construye.By Yo Persona
  continue reading
 
Non pasamos as vacacións nun pazo, mais comezamos, ás portas de un, esta 2ª xeira de Facemos historia. Volvemos cun episodio apegado á actualidade. O Pazo de Meirás, a súa xestión por parte da Fundación Francisco Franco, a súa explícita intención de facer apoloxía do franquismo, as continuas e ilegais limitacións de acceso a un edificio declarado B…
  continue reading
 
Chegou o verán, un tempo ideal para nos mergullar non só nas moitas praias do noso país, senón tamén nos podcasts. Co noso móbil e uns auriculares ábresenos un mundo de posibilidades. E con este epiodio 23 chega ao seu fin unha primeira tempada na cal viaxamos no tempo, do século XV ao XXI, así como de París a Ourense ou de Tanzania aos Estados Uni…
  continue reading
 
Achegámonos a unha das figuras máis controvertidas do s. XVI, tanto en vida como despois de morto. Herexe para uns, apóstolo e profeta para outros, Martiño Lutero marca un antes e un despois na historia da igrexa, mais tamén da historia de Europa. Cando un 1 de novembro de 1517, do cal se cumpren este ano o 500 aniversario, Martiño Lutero crava na …
  continue reading
 
Éche perigoso achegarse a historia do reinado dos Reis Católicos. E non o digo eu, así se pronuncia o historiador Pegerto Saavedra na obra Historia das Historias de Galicia, publicado pola Editorial Xerais. É un tema que levanta moitas paixóns, desde quen ven nel o período fundacional da nación española, a quen lle atribúe todos os males da postrac…
  continue reading
 
Un 25 de abril de 1467 producíase a toma e o derrubamento de Castelo Ramiro, en Ourense. Hai, exactamente, 550 anos, unha data redonda, mais que pasou inadvertida tanto para os medios de comunicacións como para a axenda institucional do noso país. E por que é tan importante este acontecemento? Castelo Ramiro é a primeira das máis de 130 fortalezas …
  continue reading
 
En 1919 as potencias vencedoras da Primeira Guerra Mundial reuníanse en París para negociar os termos dos acordos de paz. Dicimos ben, as potencias vencedoras, porque para a reconstrución de Europa e do mundo non foron convidados nin os países neutrais na guerra nin moito menos os países derrotados, con Alemaña á cabeza, que só foron chamados para …
  continue reading
 
100 anos. Xa pasou un século desde a revolución rusa. Falando así parece que só houbo unha, a de outubro de 1917, a bolxevique, a que deu paso ao primeiro estado comunista da historia. Mais a revolución rusa foi un longo proceso, que hai quen o estende case 100 anos, desde as revoltas de 1860 até a morte de Stalin en 1953, e quen prefire circunscri…
  continue reading
 
Entre 1914 e 1918 tivo lugar un conflito que mudou o mundo: A Grande Guerra, con maiúsculas, unha guerra cunha intensidade como non existira outra antes; unha guerra total, co resultado de 13 millóns de mortos. A Primeira Guerra Mundial foi unha guerra iniciada polas potencias europeas e desenvolvida fundamentalmente en solo europeo. Foi a entrada …
  continue reading
 
Sofía Casanova narrou de primeira man a I Guerra Mundial aos lectores do diario ABC. Foi a primeira muller contratada coma correspondente fixa, e desenvolveu o seu labor para este xornal madrileño entre 1915 e 1944. En Polonia, en Bielorrusia e en Moscova vivirá algúns dos acontecementos que marcan o século XX: a xa citada Grande Guerra, a Revoluci…
  continue reading
 
O 28 de xuño de 1914 eran asasinados en Saraievo o arquiduque Francisco Fernando, herdeiro da coroa austrohúngara e a súa dona Sofía Chotek. Dise que as últimas palabras de Francisco Fernando foron: “Non pasa nada, non pasa nada”. Mais os acontecementos que se sucederon despois parece que non lle deron a razón, até o punto de que foi se ser cualifi…
  continue reading
 
Entre 1870 e 1914 o mundo vive un período coñecido coma Paz Armada. Unha etapa delimitada por dúas guerras, a franco-prusiana de 1870 e a Grande Guerra, a I Guerra Mundial, que comeza en 1914. Malia o que indica o nome, non foi un período sen conflitos bélicos, que con diferente intensidade, terán lugar a longo das catro décadas. Con todo, as grand…
  continue reading
 
O mundo mudou no s. XIX. Asistimos a unha verdadeira revolución en todos os eidos: demográfica, agrícola, industrial, política, de transportes, etc. Nada volverá ser o mesmo. E o planeta vai ser repartido, colonizado, entre as principais potencias mundiais, na súa práctica totalidade europeas. África e Asia, coas súas singularidades, van vivir/sufr…
  continue reading
 
Entre fins do 1884 e principios de 1885 os principais países europeos máis os EE.UU. reuníronse en Berlín. O obxectivo, nas palabras do organizador, Otto Von Bismark, chanceler de Alemaña, era promover a civilización dos africanos, abrindo o interior do continente ao comercio. Mais o que alí aconteceu foi a repartición dun continente, África, entre…
  continue reading
 
Acompañamos a Henry Morton Stanley na súa viaxe até o interior de África na busca do Dr. Livingstone. Presenciamos o famoso encontro acontecido en novembro de 1871, e que coñecemos a través do artigo publicado no New York Herald, do cal era xornalista Stanley, así como dos diarios de Livingstone. A partir da personalidade polifacética do Dr. David …
  continue reading
 
Achegámonos ao último terzo do s. XIX, á Era do Imperialismo, tal como a denominou o historiador británico Eric Hobsbawm. E a partir da configuración dos grandes imperios coloniais, reflexionamos sobre o poder das palabras, dos conceptos, para construír realidades. Viaxaremos no tempo na busca do imperialismo, colonialismo, colonización, neocoloniz…
  continue reading
 
No último terzo do s. XIX as principais potencias europeas van consolidar un proceso de expansión territorial que os leva á creación de grandes imperios coloniais. O mundo, directa ou indirectamente, fica baixo o control de Gran Bretaña, Francia, Holanda, Portugal ou Alemaña, aos que se unen por primeira vez as potencias emerxentes de Estados Unido…
  continue reading
 
A Revolución Francesa foi un proceso longo, que se estendeu por un período de 10 anos, entre 1789 e 1799, aínda que hai historiadores que inclúen tamén nela o período napoleónico (até 1815). A través da vida de Olympe de Gouges, mergullámonos nas diferentes etapas deste proceso revolucionario.
  continue reading
 
1789 é para a historiografía un ano singular: marca o comezo da Revolución Francesa, mais, ao mesmo tempo, da Idade Contemporánea. Neste episodio analizaremos o simbolismo desta data e dalgúns dos acontecementos que tiveron lugar. Por outra banda, preguntarémonos sobre as causas que levaron a que neste ano comezase a Revolución Francesa. Música da …
  continue reading
 
A morte de Carlos II sen descendencia vai provocar unha guerra para determinar a sucesión ao trono hispánico. A Guerra de Sucesión é un auténtico conflito internacional onde se dirime a hexemonía política en Europa. Ao mesmo tempo é unha guerra civil dentro dos reinos hispánicos, de onde vai saír triunfante Filipe, candidato francés apoiado moi mai…
  continue reading
 
Viaxamos desde a actualidade das eleccións nos EE.UU. até a segunda metade do s. XVIII, onde analizaremos como os habitantes das trece colonias británicas en Norteamérica erguéronse contra o poder da metrópole e constituíronse nun novo país, o primeiro rexido polos principios da Ilustración, cunha Constitución escrita que consagraba os principios d…
  continue reading
 
Analizamos as mudanzas económicas que se produciron no século XVIII, sobre todo o do comercio marítimo ultramarino, co chamado comercio triangular, onde a trata de seres humanos, o comercio de persoas escravas, foi un dos piares da concentración de capitais que permitiu o desenvolvemento do primeiro capitalismo. Música da sintonía: http://audionaut…
  continue reading
 
Loading …

Quick Reference Guide