Gurrucho public
[search 0]
More
Download the App!
show episodes
 
Loading …
show series
 
Gustounos a peli. A partir desta frase pasamos a opinar e debatir sobre a mesma, e visto o resultado podería parecer que a odiásemos. Nada máis lonxe da realidade, disfrutamos o filme de Sorogoyen que analizamos neste podcast tanto, que nos deu para verlle as costuras. Música: Bloco 1: BSO El Reino de Olivier Arson Bloco 2: BSO As Bestas de Olivier…
  continue reading
 
Neste episodio falamos dos deportes e de como se abordan dende o punto de vista das industrias culturais e do entretemento. Centrámonos nun primeiro momento no coñecido boxeador creado por Silvester Stallone Rocky Balboa, para despois navegar polo mundo da ficción e de como esta se achega aos múltiples deportes que existen.…
  continue reading
 
Falamos sobre a nosa experiencia coa literatura galega, pero que é a literatura galega? Preguntámonos isto e outras cuestións neste podcast con tintes nostálxicos dun período de leituras obrigatorias. Tamén ten cabida o teatro galego e afondamos na nosa experiencia neste mundo tan peculiar. En fin, que fixemos un programa dende o noso punto de vist…
  continue reading
 
Falamos de Xesús de Nazaret, o eixo da igrexa cristiá. Existiu realmente? Até que punto son certos os Evanxeos? Tamén falamos das representacións de Cristo no cinema, destacando a versión de Pasolini co seu "Evanxeo segundo San Mateo" e a grandiosa "Xesucristo Superstar", o musical dos anos 70. Sen esquecernos de Mel Gibson, Scorsese e outros direc…
  continue reading
 
Falamos da banda deseñada maquinada polo guionista Alan Moore e o debuxante Dave Gibbons, Watchmen. Un mundo no que os xusticieiros disfrázanse para loitar contra o crime é o punto de partida desta obra mestra no seu eido. Tamén falamos de ucronías, esas visións dun presente que puido ter sido se un acontecemento histórico resultase ser distinto.…
  continue reading
 
Falamos da serie de History Channel Vikings e aproveitamos para botar unha ollada a estes habitantes do norte de Europa nesa lonxana Alta Idade Media. Un chisco de historia, outro chisco de mitoloxía, outro máis de ficcións nas que son protagonistas, e rematamos cunha entrevista a un viaxeiro do tempo moi especial, Ulf o Galego.…
  continue reading
 
Primeiro de todo temos que agradecer á nosa amiga holandesa Wenneke a súa colaboración no episodio. Neste episodio falamos de distopías na ficción. Que é unha distopía?, cales son as súas características? E co gallo do tema en cuestión, falamos do director holandés Paul Verhoeven e das súas tres obras máis distópicas: Robocop, Desafío Total e Stars…
  continue reading
 
Falamos do artista marcial e actor Bruce Lee, para tamén adentrarnos no mundo da ficción adicada ás artes marciais. Igualmente adicámoslle uns minutos á historia da loita.Bloco 1: Historia da loita e as artes marciais.Bloco 2: Bruce LeeBloco 3: O cinema de artes marciais a través das súas características principais e os seus temas recorrentesBloco …
  continue reading
 
Desta vez estamos só dous gurrucheiros falando da maxia e os magos na ficción. De Merlín a Harry Potter pasando por Gandalf ou os Jedi, entre outros. Tamén falamos, menos do que deberiamos, dos libros e das series de The Witcher, o bruxo Geralt de Rivia creado polo polaco Sapkowski. Bloco 1: Maxia e historia Bloco 2: The Witcher Bloco 3: Maxia na f…
  continue reading
 
Conversamos acerca do filme de 1973 "O Golpe", protagonizado por monstros da interpretación como Paul Newman, Robert Redford e Robert Shaw. Iso no bloco 2, porque no 1 falamos de grandes roubos e ladróns na historia, no 3 facemos un repaso polo cinema e a literatura de roubos, e o 4 adicámosllo a roubos en Galicia.…
  continue reading
 
Bloco 1: 4'00" Falamos dos vampiros no folclore. As lendas e supersticións que, sobre todo no leste de Europa, deron orixe ao mito de Drácula. Bloco 2: 27'50" Falamos sobre o libro de Bram Stoker e a película de Coppola. Bloco 3: 1h3'20" Facemos un percorrido pola figura do vampiro a través das obras de ficción que o retratan Bloco 4: 1h43'30" Adic…
  continue reading
 
Loria Glago, a vampiresa cosmopaleta, espertou no pazo de Meirás tras décadas de sono e comeza unha violenta cruzada contra o idioma que fai perigar os cimentos do castelán. Os dous clans enfrontados de vampiros, os Chuchasangue e os Veganos, uniranse para combater á tola que ameaza con derrubar todo o que construíron ao longo dos séculos...…
  continue reading
 
A Galaxia atópase nunha situación delicada. Os rebeldes do Sistema Lusofónico queren liberarse das cadeas que o Imperio Hispanocasto lles impón, porén os imperiais contan coa axuda dos gaiteiros de tres roncóns, usuarios do fol polifónico, un dos poderes que creou o Universo. Para facerlles fronte, a rebelión tenta desesperadamente que os gaiteiros…
  continue reading
 
O pirata Xaques Espárrago asola as costas do Imperio Español cun obxectivo, posibilitar a unión de Galiza con Portugal e crear a potencia marítima definitiva, con el coma rei portugalego, claro. Espárrago anda na procura dunha arma que pode destruír frotas enteiras, e os seus inimigos tentarán capturalo antes de que sexa demasiado tarde...…
  continue reading
 
Camañiñas é un lugar onde se xuntan tódolos personaxes tópicos da TVG. Hai curas, gardas civís, narcos, taberneiros, etcétera. Pero como non nos da para pagar a tantos actores, cada personaxe asumirá varios roles. Pero ollo, en Camañiñas non todo é festa rachada, agocha un segredo que de destaparse, removería os cimentos do mundo tal e como o coñec…
  continue reading
 
Nun futuro próximo o dictador Fei Hoon Un esclavizará á raza humana. Porén, a salvación pode vir da man duns aliados inesperados: as máquinas. A intelixencia artificial Vitroen, antes encargada de supervisar a cadea de montaxe na fábrica de Citroen en Vigo, consegue crear un cyborg coa fasquía de Gayoso, presentador da TVG ao que admira, e envialo …
  continue reading
 
As folgas e as manifestacións sucédense por todo o país, o caos está a piques de reinar, e cando todo parecía perdido, xorde a figura dun superheroe lexendario. Vestido co seu neopreno, as súas gafas de buzo e as súas prumas de cormorán, chega o grande Cormomán! Xunto coa súa insparable Ghavota, eliminará tódalas revoltas que os incorformistas está…
  continue reading
 
A profesora aventureira Barbanza Anllóns anda á procura do Santo Graal, que segundo o investigador Méndez Serrín atópase na Galiza. Porén, os malvados líderes da seita Vindeiras Xerazións atopárono antes, aínda que non coñecen o seu segredo, o líquido misterioso que deben verquer na copa e beber para acadar a inmortalidade...…
  continue reading
 
Na megacidade de Vigotronic a sección Mostovoi da cyberpolicía é a encargada da seguridade na visita do delegado RAM Joy. Axiña as cousas se torcen cando unha bomba fai explosión no dinoseto. O delegado desaparece e todo apunta aos pérfidos cybercoruños, pero a comandante Anna Kiiro sospeita que hai algo máis...…
  continue reading
 
O reporteiro da TVG Constanterio xoga a ser bruxo afeccionado, invocando demos que poden servir aos seus propósitos. Pero nun descuido, nunha festa en Vimianzo, chama ao terrible Diglosiel, o demo que se alimenta de castelanismos. Este provoca unha masacre e foxe cara un lugar onde pode comer a eito. Agora, só o mago John Berzas o pode deter...…
  continue reading
 
Galicia está gobernada pola unión das dereitas do desaparecido estado español, o PPOC's. Para controlar á poboación, contan cun mundo virtual, Virtuagal, que ten alienada á maioría da xente. Porén, uns poucos resisten ante esta ilusión e tentan espertar ao resto. Agora, gracias a un hacker ruso, parace haber unha opción: Existen tres ovos agochados…
  continue reading
 
A profesora aventureira Barbanza Anllóns anda á procura do Santo Graal, que segundo o investigador Méndez Serrín atópase na Galiza. Porén, os malvados líderes da seita Novas Xerazións atopárono antes, aínda que non coñecen o seu segredo, o líquido misterioso que deben verquer na copa e beber para acadar a inmortalidade...…
  continue reading
 
O pirata Xaques Espárrago asola as costas do Imperio Español cun obxectivo, posibilitar a unión de Galiza con Portugal e crear a potencia marítima definitiva, con el coma rei portugalego, claro. Espárrago anda na procura dunha arma que pode destruír frotas enteiras, e os seus inimigos tentarán capturalo antes e que sexa demasiado tarde...…
  continue reading
 
Galicia está gobernada pola unión das dereitas do desaparecido estado español, o PPOC's. Para controlar á poboación, contan cun mundo virtual, Virtuagal, que ten alienada á maioría da xente. Porén, uns poucos resisten ante esta ilusión e tentan espertar ao resto. Agora, gracias a un hacker ruso, parace haber unha opción: Existen tres ovos agochados…
  continue reading
 
Arteixa e as súas compañeiras veñen de gañar a guerra, pero na volta a casa, o deus dos seus inimigos, Press Tiss, imponlles seis terribles probas para poderen cruzar o mar. Agardar nas salas eternas do deus da curación, Xer Gass, ou cruzar os dominios do deus Aud Assa, que esixe imposibles tributos, son só uns exemplos do que lles agarda ás nosas …
  continue reading
 
Galimedia está en perigo. Os malvados rahoobits e feihoobits veñen xunto aos mesetrolls para acabar coa paz do reino milenario. Os ourananos, os céltifos, os luguisomes e os turcorcos deben unir as súas forzas para atopar a coroa de Breobreixo, un arma capaz de acabar con tódolos inimigos, pero que agocha un terrible segredo...…
  continue reading
 
Único fragmento da banda sonora dunha hipotética serie chamada Alcolite, na que un planeta pragado de eucaliptos será a chave para inclinar a balanza de poder no Universo cara un lado ou outro. As familias Feihonen e Miñonca loitarán por posuir os dereitos de extracción da sustancia máis valiosa do Universo: A farinia…
  continue reading
 
Loading …

Quick Reference Guide