Proxecto Neo public
[search 0]
More

Download the App!

show episodes
 
Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro. Estamos en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo en Radio Burela O programa Proxecto Neo ten como protagonistas os neofalantes, as fillas e os fillos adoptivos da nosa terra, especialmente de Burela.
 
Loading …
show series
 
Abrimos o programa coa recomendación literaria feita polo profesor Manolo Carreira. Xusto despois escoitamos outra peza radiofónica que nos enviou o alumnado de Ciencias da Terra e do Medio Ambiente. Desde A Estrada atendeu a nosa chamada a estudante Lúa Mariña Fernández, que nos falou dunha curiosa iniciativa surxida no IES Lousada Diéguez: o Sama…
 
Dous profesores e unha profesora de Cabo Verde estiveron durante dúas intensas xornadas en Burela. Primeiro visitaron o IES Monte Castelo, despois foron recibidos no Concello e, finalmente, estiveron coa comunidade educativa do IES Perdouro. Neste programa falamos cunha representación dos estudantes e do profesorado e, mais tarde, falamos tamén cos…
 
Abren o programa Paula López e David Otero cunha entrevista coa luguesa Nuria Bouza, xogadora e directora deportiva de Voleibol que traballa actualmente en Cataluña. A entrevista está enmarcada dentro do Proxecta que leva por título "365 días de respecto e igualdade". Xa na parte final do programa, conversamos con Moustapha Sarr, estudante do 2º cu…
 
Proxecto Neo tivo a honra de abrir as portas da radiodifusión a un músico de 12 anos: Germán Quintana Sanjurjo. Primeiro propiciamos a audición da súa música e despois falamos demoradamente con el. O seguinte convidado foi Cristian Gómez Mesa, integrante da Masa Coral Modelo Burela desde hai case dez anos. Estivo con nós con motivo da súa participa…
 
Celebramos a incorporación de tres novas voces a Proxecto Neo. Trátase dos alumnos Breogán F. Bouza, David L. Casas e Hugo F. Galdo, os tres estudantes de 1º de ESO. Despois de recibilos no estudio, dedicámoslles unha canción do Grande Amore. As entrevistas con estes mozos de entre 12 e 13 anos, Alba e Nerea conversaron co profesor Amancio Liñares,…
 
Por xentileza de Rocío Candales e Séchu Sende, nesta emisión de Proxecto Neo recollemos unha conversa co escritor galego-brasileiro Benjamim Outeiro, orixinario do lugar da Pedra de Nemenzo (Santiago de Compostela). Coa voz narradora de Nuria Ramos Cuba, minuto a minuto coñecemos o periplo vital dun galego de oitenta e nove anos que cruzou o Atlánt…
 
Despois de que Carmen Castro nos fixese a Recomendación Literaria da semana, os "Aires de Pontevedra" na versión de Milladoiro abriron o camiño para que Nuria Ramos Cuba converse demoradamente co Presidente da Academia Galega. A estudante de Burela comezou a entrevista facendo unha alusión a dúas localidades que teñen o mesmo nome, cunha simple alt…
 
A segunda promoción do CUALE -para a obtención do título internacional B1- xa está en camiño. No acto de inauguración participou Xoán Moreda Pinto, profesor de Filosofía, que o curso pasado realizou estudos de Lingua Portuguesa na Escola Oficial de Idiomas de Lugo. Foi precisamente o profesor Moreda Pinto o protagonista da nosa primeira entrevista.…
 
Abrimos o programa coa intervención do profesor Fernando Losada, autor dunha peza sonora sobre erros ortográficos comúns en letreiros urbanos protagonizada por un grupo de estudantes e a súa profesora de Lingua e Literatura. A seguir, o noso contertulio presentounos a súa colaboración para o curso 22-23: un espazo de animación á lectura. O contido …
 
No comezo do curso académico 2022-23 chegamos ás 357 semanas en antena. Nuria Ramos e Cristian Gómez redactaron e ocupáronse da realización dun programa monográfico ao profesor Bernardo Penabade. Entre outras persoas, interviron Manolo Maseda, Sechu Sende, Maribel Crecente, Aitor López Anello, Xián Liñares, etc.…
 
O xornalista Miguel Sande, delegado da Voz de Galicia na Mariña, atendeu a nosa chamada e falou con Nuria Ramos Cuba sobre a súa obra de creación literaria. Aproveitamos para facer a presentación dun libro de recente publicación: O Negociador. Con Amancio Liñares aproveitamos para evocar a figura de Avelino Pousa Antelo, xusto no momento en que se …
 
No programa 351 contamos coa participación de Samuel Silva, xornalista do Público. Falounos da súa experiencia formativa no Centro de EStudos Galegos da Universidade do Minho, baixo a dirección educativa do profesor Alberto PAz Félix. Co estudante Ramón REal falamos da Feira da Ciencia organizada polo Instituto PErdouro. Nos minutos finais acompaño…
 
Abrimos o programa cunha conversa co xornalista Miguel González Somovilla, que nos próximos días 1 e 2 de xullo estará en Mondoñedo para participar no IIº Encontro Cunqueiro. O berciano de Bembibre, Umberto Corral, adiantounos os contidos de Fálame Sempre, un filme do xénero documentario que describe en panorámica a situación da lingua galega naque…
 
Este é o programa das celebracións. Martín Lestao, da Asociación Burela Floral, convidounos a participar nos traballos de preparación da grande alfombra conmemorativa das festas patronais da localidade. Despois falounos dos vínculos entre as localidades galegas que manteñen esta tradición: Perbes, Ares, Ames, Ponteareas...…
 
Abrimos o programa coa interpretación da cantiga titulada Ondas do Mar de Vigo por alumnos e alumnas de 4º de ESO, dirixidos pola profesora Patricia Inés Fernández Salas. Pola súa parte, a profesora Carme Sampedro Miranda presentounos un Plan Proxecta realizado no Instituto Perdouro. Trátase do 365 días pola Igualdade. Íker Trillo e Alberto Méndez,…
 
O Profesor Fernando Losada visitounos no estudio de Radio Burela para facer memoria das colaboracións que nos enviou durante este curso académico. Na segunda parte, o diálogo intercultural tivo como protagonistas as estudantes Leidy Diana Pillaca, con raíces familiares no Perú, e Imane Oubella, orixinaria de Marrocos. Na terceira parte, Claudia Rom…
 
Brais Vila fíxonos de cronista especial dunha expedición educativa pola Terra Chá. O grupo de Burela estivo primeiro no castro de Viladonga e despois desprazouse á lagoa de Cospeito, antes de gozar dun momento de lecer na área recreativa da Madalena, en Vilalba. A seguir conversamos con Bea, a de Estrella, que acaba de editar o seu primeiro disco. …
 
Unha conversa con Yorel Ladra Ballesteros, da Voz das Letras2022, presentounos a iniciativa de traballo colaborativo para tributar homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán. Despois dunha magnífica mostra de aprendizaxe-servizo, entramos nunha serie de contidos dedicados ao encontro Mondoñedo é poesía e ao certame Díaz Jácome. Atenderon a nosa chamada…
 
Celebramos o Día do Libro cunha colaboración que nos chegou desde o Colexio dos Castros, en Burela. Inmediatamente despois, viaxamos á capital da Mariña para coñecermos o programa da xornada Mondoñedo é Poesía. Fran Bouso encargouse de facer un percorrido por esta iniciativa de dinamización cultural e convidounos a asistir á presente edición a cele…
 
Abrimos a celebración das Letras Galegas na honra de Florencio Delgado Gurriarán. Neste programa participan os estudantes Juan Farroñán Villalba e Yorel Ladra Ballesteros; a profesora Lucía Gómez Álvarez, autora de Florencio Manuel Delgado Gurriarán. Un legado infindo (Ed. Galaxia); e tres representantes de Kaito Studio, a produtora audiovisual que…
 
Loading …

Quick Reference Guide

Copyright 2022 | Sitemap | Privacy Policy | Terms of Service
Google login Twitter login Classic login