Go offline with the Player FM app!
Ep.11: ArCaDia 4
Manage episode 164500899 series 1190521
Benvidos e benvidas á 2ª tempada de Habitando!
Para comezar, adicamos o episodio ao acontecido no pasado ArCaDia 4, un congreso que dende 2010 celébrase en España sobre arquitectura e cooperación ao desenvolvemento. Sevilla, As Palmas de Gran Canaria, Madrid e a presente edición recentemente celebrada na Coruña os días 29 e 30 de setembro.
O tema desta cuarta edición centrouse no aspecto social do hábitat. Nas súas propias palabras:
"na relación complexa da sociedade humana co seu hábitat. Búscase poñer no centro do proceso de configuración, transformación e consolidación do hábitat á persoa e, como consecuencia, á comunidade á que pertence. Fronte á vivenda como produto e mercadoría, entendela como un proceso no que participan os seus futuros habitantes nas súas diferentes fases. Fronte á evolución acelerada da urbanización baseada en cuestións económicas, que está a xerar segregación e desigualdade, entender o urbano como un dereito. Fronte ao sistema patriarcal, a posición da muller como activa impulsora, creadora e xestora do hábitat, dende o básico ata o social. Fronte a sistemas impostos ou con pouca marxe de intervención, a participación cidadá como posibilidade para construír a sociedade."
Parabéns ao comité organizador, un grupo de profesores e profesoras da Escola de Arquitectura da Coruña: Eduardo Caridad, Amparo Casares, Emma López Bahut e Antonio S. Río Vázquez. Gran traballo!
Doutra banda, Alberto e Juan achegáronse ás pasadas Xornadas de Podcasting celebradas en Málaga do 10 ao 16 de outubro. Días para compartir experiencias con outros podcasters e oíntes, e co protagonismo de Habitando durante a gala de entrega dos VII Premios Asociación Podcast como finalista da categoría Mellor Podcast Revelación.
Ligazóns de interese:
- Voluntariado en Terreo 2016
- Mulleres Colleiteiras Premio Solidarios ONCE 2016
- Convenio Mulleres Colleiteiras - Concello da Coruña
- Ludantia: Bienal Arquitectura e Infancia
- XI Jornadas de Podcasting Málaga 2016
- Habitando Finalista na categoría Podcast Revelación nos VII Premios Asociación Podcast
- 25 de novembro Día internacional contra as violencias machistas
- 26 de novembro Feira de Proxectos de Vida Feministas
Créditos
Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.
- A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
- Moon Almost Full, Stormy Mondays, álbum The Lay of the Land
Subscrición
Contacto
gtcomunicacion.gal[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook
45 episodes

All episodes
×Welcome to Player FM!
Player FM is scanning the web for high-quality podcasts for you to enjoy right now. It's the best podcast app and works on Android, iPhone, and the web. Signup to sync subscriptions across devices.