Iago Martínez public
[search 0]
More
Download the App!
show episodes
 
Artwork

1
Disimulen

Iago Martínez

Unsubscribe
Unsubscribe
Monthly
 
Xornalista cultural (Vigo, 1979). Publico en El País, Rockdelux, ProTexta e algunha outra reserva india. Son autor da biografía 'Lois Pereiro. Vida e obra' (Xerais, 2011) e compartín con Alexandre Cancelo a escrita e a dirección do documental 'Contra a morte'.
  continue reading
 
Loading …
show series
 
Conversa con Miguel-Anxo Murado, guionista, xornalista, historiador de formación e, como nos dicía no programa, por enriba de todo escritor. A escusa: 'La invención del pasado' (Debate, 2013), o seu último libro. Na banda sonora, pouquiña cousa por culpa dos problemas técnicos: Bill Callahan e Damien Jurado. Disimulen é un programa sen sintonía que…
  continue reading
 
Longa conversa con Luis Boullosa, novelista inédito, crítico musical, músico e galego-madrileño do 75. En Ribadumia data 'El puño y la letra' (66 rpm, 2013), unha pescuda polo misterio da composición de cancións a través de dez autores polos que ten unha especial querencia: Michael Gira, Julian Cope, Aidan Moffat, Pete Simonelli, Ryan Sambol, Grant…
  continue reading
 
Regresa o Disimulen logo dunhas semanas de mutismo cunha longa conversa con escritor Isaac Rosa (Sevilla, 1974), autor de novelas como 'La mano invisible', 'El vano ayer', 'El país del miedo' o 'La habitación oscura' (Seix Barral, 2013), la última, de momento. Música, poca: Dorian Wood, Tindersticks, Damien Jurado, Gravenhurst e Destroyer versionan…
  continue reading
 
Conversamos con Alonso Caxade arredor do seu primeiro disco, Dança dos Moscas (Discos da Máquina, 2013) e outros proxectos paralelos, como Pel de Noz. Na banda sonora, Caxade, Pel de Noz, Anna Calvi e Bill Callahan. 'Disimulen' é un programa sen sintonía en Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña, que tamén se pode escoitar en diferido en RadioFilis…
  continue reading
 
César Rendueles, profesor da facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid e autor de 'Sociofobia' (Capitán Swing, 2013), protagoniza o programa co que 'Disimulen' regresa á sintonía de Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña. Na banda sonora, Primal Scream, Turner Cody, Denis Jones e o novo single de Michel Clou…
  continue reading
 
Último programa da tempada, dedicado a repasar algunhas das películas e entrevistas a cineastas que protagonizaron este espazo sen sintonía en Cuac FM. Facémolo canda o crítico e programador José Manuel Sande, colaborador habitual do Disimulen. Ademais dalgunhas reflexións xerais sobre o fenómeno do Novo Cinema Galego ás que convén regresar nalgún …
  continue reading
 
Entrevista con Alberto Ramos, xornalista, escritor e autor de 'Todos os días' (Sotelo Blanco, 2012), Premio Risco de Creación Literaria o ano pasado. Coa mesma escusa, volvemos escoitar fragmentos dalgunhas das entrevistas a autores de narrativa de ficción en lingua galega que fixemos ao longo desta primeira tempada do programa: Alberto Lema, retra…
  continue reading
 
Programa que ía estar dedicado a falar con Alberto Ramos, xornalista, escritor e autor de 'Todos os días' (Sotelo Blanco, 2012), Premio Risco de Creación Literaria o ano pasado. Problemas técnicos obrigaron a abortar a emisión aos 35 minutos. Até ese momento, rescataramos a emisión inaugural do Disimulen do 1 de outubro de 2012, coa declaración de …
  continue reading
 
Programada dedicado á cuarta edición da Mostra de Cinema Periférico da Coruña, o S8, que se celebra entre os días 4 e 11 de xuño. Ángel Rueda, codirector da mostra, e José Manuel Sande, crítico e programador do CGAI, participan dende o estudio facendo un repaso á programación. Ao outro lado do fío telefónico, Miguel Mariño dá algúns detalles sobre …
  continue reading
 
Tres cineastas, tres filmes, tres olladas sobre o 15M: 'Libre te quiero', de Basilio Martín Patino; 'Vers Madrid', de Sylvain George; e '15M. Excelente. Revulsivo. Importante', de Stéphane M. Grueso. Xunto a José Manuel Sande, crítico de cine e programador do CGAI, entrevistamos a Stéphane M. Grueso e Basilio Martín Patino e escoitamos a columna me…
  continue reading
 
Programa case monográfico dedicado a Roberto Vidal Bolaño e confeccionado a catro mans co xornalista e escritor Alberto Ramos, quen traza unha biografía do actor, dramaturgo e produtor teatral ao que se dedica este ano o Día das Letras Galegas e escolle o personaxe do tempo da entrevista: Xosé Manuel Fernández Castro, autor de 'A obra dramática de …
  continue reading
 
Conversamos con Jesús Llorente, 'capo' de Acuarela, discográfica, editorial, axencia e promotora de concertos, como pouco, que está de aniversario: cumpre dúas décadas. Para completar o tributo escoitamos algunhas 'acuarelas' persoais: cancións e lembranzas vinculadas ao selo desta vez ao cargo da poeta Olalla Cociña, a xornalista Elena Cabrera e u…
  continue reading
 
Conversamos coa musicóloga Lorena López Cobas, autora de 'Historia da música en Galicia' (Ouvirmos, 2013), primeira obra destas características, global, se ben centrada na música culta, que se publica no país. Averiguamos tamén algo máis sobre Adtlántida.tv, un proxecto de creación de infraestruturas tecnolóxicas para unha radiotelevisión libre, da…
  continue reading
 
Conversa co poeta, tradutor, ensaísta, profesor e militante ecosocialista Jorge Riechmann (Madrid, 1962) tras o seu paso polo Consello da Cultura Galega a semana pasada para dar unha conferencia. O analista político Manuel M. Barreiro, que tamén participa na entrevista, volve con outra entrega de 'Disparando aos reloxos', desta volta sobre a hipóte…
  continue reading
 
Conversa co cineasta Ramiro Ledo (Lugo, 1981) arredor da súa nova longametraxe, 'VidaExtra', que se estrea este mes en Arxentina. Coa axuda dos críticos de cine José Manuel Sande e Martin Pawley comentamos tamén as outras presenzas galegas no Festival de Cine de Bos Aires, o Bafici: Lois Patiño e Eloy Enciso con 'Arraianos'. 'Disimulen' é un progra…
  continue reading
 
Conversa coa economista (crítica) Miren Etxezarreta, catedrática emérita da Universitat de Barcelona e unha das participantes na XXX Semana Galega de Filosofía. Escoitamos tamén a Ana Regueira, que fai parte da Aula Castelao e a organización deste foro, dedicado este ano á intersección entre filosofía e memoria. Completan o programa o parte de guer…
  continue reading
 
Conversa con Yolanda Quintana e Mario Tascón, autorxs de 'Ciberactivismo' (Catarata, 2012), no segundo programa consecutivo dedicado á dimensión política da rede logo do de Margarita Padilla hai quince días. Escoitamos a Daniel Salgado por partida dupla. A súa voz nunha nova entrega de 'Calypso Frelimo' e os seus textos encarnados polo Leo no inmin…
  continue reading
 
Conversa con Margarita Padilla, autora de 'El kit de la lucha en internet' (Traficantes de Sueños, 2012). Repaso á programación do Play-Doc, o festival de documentais de Tui, da man de Sara García, codirectora do encontro. No intermedio, segunda entrega de 'Disparando aos reloxos', a columna mensual de Manuel M. Barreiro. 'Disimulen' é un programa …
  continue reading
 
Longa conversa con Antonio Luque a conto de 'Enhorabuena a los cuatro' (Mushroom Pillow, 2013), décimo cuarto disco de Sr. Chinarro. Paseo polo novo EP de Jane Joyd, que publica este mes Origami Records, da man de quen o asina, a coruñesa Elba Fernández. Todo música agás o pórtico, cun novo parte de guerra do Funambulista Coxo, David Rodríguez. 'Di…
  continue reading
 
Repaso ao primeiro aniversario de Praza Pública (www.praza.com) e á situación dos medios en lingua galega. Falamos con Manuel M. Barreiro, novo presidente do padroado da fundación editora de Praza; Marcos Pérez Pena, director do equipo xornalístico da cabeceira dixital; e Henrique Sanfiz, director de Radiofusión e presidente da Asociación de Medios…
  continue reading
 
Conversa co actor e director Xesús Ron a conto de 'Eurozone', a nova montaxe da compañía Chévere, que se estrea este venres 22 de febreiro no auditorio da Ramallosa, en Teo. Achegámonos ao debut discográfico dos coruñeses Lendrone, 'Uno', que vén de publicar Matapadre, a través dunha colaxe sonora e declaracións de Juan Alvedro. A escritora Rexina …
  continue reading
 
Conversa co escritor Agustín Fernández Paz, acabado de investir doutor honoris causa pola Universidade de Vigo e con dous títulos frescos: a adaptación de 'Cartas de inverno' nunha novela gráfica de Antonio Seijas e o monllo de artigos e discursos reunido por Isabel Soto nas páxinas d'O rastro que deixamos', ambos en Xerais. O analista político Man…
  continue reading
 
Conversa co crítico José Manuel Sande e o cineasta ferrolán Alberto Gracia, que vén de gañar o premio Fipresci en Rotterdam coa súa opera prima, 'O quinto evanxeo de Gaspar Hauser'. O xornalista Alberto Ramos e Salvador del Río, presidente de Escena Galega, achégannos nunha reportaxe e unha entrevista o abismo do teatro en Galicia. E volve, tamén, …
  continue reading
 
O editor Antón Lado e o xornalista Manuel Darriba, coautor do libro canda Daniel Salgado, falan de 'AGE. A emerxencia da Alternativa Galega de Esquerda' (2.0 Editora); Diego Ameixeiras conversa arredor de 'Todo OK' (Xerais), a súa sétima novela; e Alonso Caxade volve co 'Cartom de baile'. Disimulen é un programa sen sintonía en Cuac FM, a radio com…
  continue reading
 
Un programa sen sintonía en Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña. Conversa co músico Santiago Auserón sobre 'El ritmo perdido' (Península, 2012), un magnífico libro sobre a negritude na música española. García MC fala sobre 'Abaixo e de pé', un EP que vén de publicar á marxe de Dios Ke Te Crew. Rexina Vega regresa coa súa columna 'Paciencia ou ar…
  continue reading
 
Programa cultural sen sintonía en Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña. Segunda (e última) entrega do repaso ás nosas músicas favoritas de 2012. Conduce: Iago Martínez. Interveñen: Roberto Mallo, músico experimental e técnico de son, e Pablo, do selo asturiano Discos Humeantes. Na banda sonora: Daughn Gibson, Damien Jurado, Neil Young & Crazy Hor…
  continue reading
 
Un programa cultural sen sintonía en Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña. Repaso á produción musical do infausto 2012 man a man co músico Miguel Prado e o xornalista Daniel Salgado, membro de DasKapital e agora tamén parte da plataforma de autoxestión discográfica Discos da Máquina. Soan Beach House, Ariel Pink's Haunted Graffitti, Scott Walker,…
  continue reading
 
Un programa sen sintonía en Cuac FM, a radio en man común da Coruña. Repaso ás mellores películas de 2012 en Galicia (e fóra) cos críticos Martin Pawley e Jaime Pena. Conduce: Iago Martínez. As galegas, as cinco primeiras clasificadas no Premio Acto de Primavera: Arraianos, de Eloy Enciso; Montaña en sombra, de Lois Patiño; Anacos, de Xacio Baño; L…
  continue reading
 
Un programa sen sintonía en Cuac FM, a radio en man común da Coruña. Décima entrega. Conversa co escritor e crítico musical catalán Kiko Amat a conto da súa cuarta novela, 'Cienfuegos, eres el mejor' (Anagrama, 2012). Daniel Salgado entrega o terceiro 'Calypso Frelimo', con músicas de Archie Shepp, Noah Howard e Pharoah Sanders e a man de obra de M…
  continue reading
 
Un programa sen sintonía en Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña. Nesta novena entrega, conversa coa cineasta Margarita Ledo Andión sobre a súa última película, 'A cicatriz branca', coa axuda do crítico José Manuel Sande. Participan tamén David Rodríguez, O Funambulista Coxo, coa súa columna de opinión, o seu parte mensual de guerra, e Alonso Cax…
  continue reading
 
Un programa sen sintonía en Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña, na rexión noroeste do espazo radioeléctrico liberado. Oitava entrega. Entrevista ao xornalista Xosé Manuel Pereiro arredor do seu novo libro, "Tal como foi, tal como fomos" (2.0 Editora), unha crónica memorística da catástrofe do Prestige e as súas vivencias profesionais asociadas.…
  continue reading
 
Un programa cultural sen sintonía en Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña. Sétima entrega. Conversa co músico francés Michel Cloup, ex compoñente de Diabologum, Expérience e Binary Audio Misfits e agora á fronte dun dúo co batería Patrice Cartier. Na banda sonora: Michel Cloup (Duo), Diabologum, Expérience e Manta Ray. Tradución: Felipe Lage. Con…
  continue reading
 
Un programa sen sintonía en Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña. Alejandro Tobar fala do primeiro ano de vida da editorial Hugin e Munin e dos últimos títulos publicados. Longa entrevista ao escritor Samuel Solleiro a conto da publicación de 'Gran tiburón branco' (Xerais). Alonso Caxade entrega o segundo capítulo de 'Cartom de baile'. Conduce: I…
  continue reading
 
Un programa sen sintonía en Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña. Falamos con Manoel Santos, director de Altermundo, e Raimundo Viejo, profesor e activista. A escusa é '¡Espabilemos!' (Catarata), un libro dende o 15M e para o 15M coordinado por Carlos Taibo. O poeta e xornalista Daniel Salgado entrega o segundo capítulo de Calypso Frelimo, a súa …
  continue reading
 
Un programa sen sintonía en Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña. Repaso aos resultados das eleccións autonómicas do 21 de outubro e o escenario que se abre para a esquerda. Conversas con Marcos Pérez Pena, Carlos Neira e Manuel M. Barreiro. Colabora David Rodríguez, O Funambulista Coxo, coa súa columna mensual de opinión. Conduce: Iago Martínez.…
  continue reading
 
Un programa cultural sen sintonía en Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña. Repaso á desfeita da política audiovisual da última lexislatura co crítico e programador José Manuel Sande e o cineasta Xacio Baño. Entrevista a Xan Gómez Viñas, codirector xunto con Pablo Cayuela de 'Fóra', un filme arredor do manicomio de Conxo. A escritora Rexina Vega e…
  continue reading
 
Un programa cultural sen sintonía en Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña. Entrevistas a Alberto Lema, escritor, autor de "Da máquina" (Galaxia, 2012), e Manuel Bragado, presidente da Asociación Galega de Editores. Conduce Iago Martínez e colaboran Ana Salgado e Alonso Caxade e Tania Ameneiro ('Cartom de baile'). Na banda sonora: Shellac, Bill Ca…
  continue reading
 
Un programa cultural sen sintonía en Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña. Entrevistas a Amador Fernández-Savater e Víctor Lenore ao fío de 'CT o la Cultura de la Transición'. Conduce Iago Martínez e colaboran Daniel Salgado ('Calypso Frelimo', sobre música e política) e David Rodríguez ('A caixa de ferramentas do Funambulista Coxo). Emitido o 1 …
  continue reading
 
'Disimulen' é un programa de radio sen sintonía conducido por Iago Martínez en directo dende a illa de San Simón, na ría de Vigo, durante o décimo Festival Sinsal. Música e entrevistas a Maïa Vidal, Xavier Valiño, Nite Jewel, Manuel Suárez (Desconcierto), Alt-J, Toni Fernández (Normal) e Simon Russell (Rough Trade). Na parte técnica, Adrián Ortiz (…
  continue reading
 
'Disimulen' é un programa de radio sen sintonía conducido por Iago Martínez en directo dende a illa de San Simón, na ría de Vigo, durante o décimo Festival Sinsal. Música e entrevistas a L'Enfance Rouge, Alela Diane, Christian Kjellvander, Héctor César (981festival) e Xavier Alonso (Fundación Illa de San Simón). Na parte técnica, Adrián Ortiz (Gali…
  continue reading
 
Loading …

Quick Reference Guide