Player FM - Internet Radio Done Right
Checked 10M ago
Added one year ago
Content provided by Radio Galega. All podcast content including episodes, graphics, and podcast descriptions are uploaded and provided directly by Radio Galega or their podcast platform partner. If you believe someone is using your copyrighted work without your permission, you can follow the process outlined here https://player.fm/legal.
Player FM - Podcast App
Go offline with the Player FM app!
Go offline with the Player FM app!
Louis Jordan (07/05/2023)
Manage episode 372172463 series 3496412
Content provided by Radio Galega. All podcast content including episodes, graphics, and podcast descriptions are uploaded and provided directly by Radio Galega or their podcast platform partner. If you believe someone is using your copyrighted work without your permission, you can follow the process outlined here https://player.fm/legal.
Louis Jordan, alcumado The King Of The Jukebox (o rei da máquina de discos), foi un cantante e saxofonista de enorme éxito na segunda metade dos anos 40 do século pasado. A ritmo de swing e boogie woogie emerxeu como un dos grandes do jump blues, precursor inmediato do rhythm and blues. Jordan e a súa banda, os Tympany Five, protagonizan un novo episodio da Lista Negra en que tamén escoitaremos algo de blues galego, desta volta desde Ribeira con Chamaquito Pistolas.
…
continue reading
58 episodes
Manage episode 372172463 series 3496412
Content provided by Radio Galega. All podcast content including episodes, graphics, and podcast descriptions are uploaded and provided directly by Radio Galega or their podcast platform partner. If you believe someone is using your copyrighted work without your permission, you can follow the process outlined here https://player.fm/legal.
Louis Jordan, alcumado The King Of The Jukebox (o rei da máquina de discos), foi un cantante e saxofonista de enorme éxito na segunda metade dos anos 40 do século pasado. A ritmo de swing e boogie woogie emerxeu como un dos grandes do jump blues, precursor inmediato do rhythm and blues. Jordan e a súa banda, os Tympany Five, protagonizan un novo episodio da Lista Negra en que tamén escoitaremos algo de blues galego, desta volta desde Ribeira con Chamaquito Pistolas.
…
continue reading
58 episodes
All episodes
×A
A lista negra
Gary D. Davis pasou á historia co alcume do Reverendo. Non en van, está considerado un dos puntais do gospel blues e un dos artistas que mellor aproveitaron o revival tradicionalista de comezos dos anos 60. Davis tiña todo o necesario: boa voz, boa técnica coa guitarra e unha soberbia actitude interpretativa. No episodio de hoxe a dose galega de blues corre a cargo do ourensán MCarballo, nome artístico do músico e debuxante Manuel Carballo.…
A
A lista negra
A historia do blues non sería a mesma sen Eric Patrick Clapton. Curtido en bandas como os Yardbirds ou os Bluesbreakers de John Mayall antes de formar os míticos Cream para despois triunfar tamén como solista, Clapton segue en activo aos seus case 80 anos. É un dos grandes nomes da historia do rock británico, pero a diferenza doutros compatriotas de renome, o seu sustrato artístico sempre foi o blues. Ademais de repasar a súa relación coi xénero que nos ocupa, escoitamos o coruñés Luis Moro.…
A
A lista negra
Blind Lemon Jefferson é unha das figuras máis relevantes da Historia do blues. Foi o primeiro intérprete masculino do xénero que acadou o éxito comercial masivo, nunha época, a década dos anos 20 do século pasado, en que as que máis discos vendían eran mulleres como Bessie Smith, Ma Rainey ou Ida Cox. A diferencia delas, Jefferson compuxo boa parte dos temas cos que triunfou. No programa de hoxe tamén escoitaremos un interesante cantante e acordeonista vigués de espírito errante, Joe Barnara.…
A
A lista negra
Slim Harpo é seguramente o maior expoñente do que deu chamarse swamp blues ou blues do pantano, o que agromou nalgunhas das zonas máis inhóspitas de Louisiana. Devoto de Jimmy Reed e da súa economía de medios en busca dunha maior efectividade, Harpo soubo incorporar elementos do zydeco ou do cajun entre outros estilos. A súa é unha proposta repousada, elegante e de escoita doada, que tivo un notable éxito comercial. Tamén teremos tempo de escoitar o blues en galego de Brais das Hortas...…
A
A lista negra
Lead Belly foi un tipo duro que pasou moitos anos no cárcere antes de ser descuberto como artista. Pero non é menos certo que era tamén un cantante e guitarrista talentoso, que sabía de memoria centos de cancións. Lead Belly pode considerarse un bluesman metido a folksinger ou á inversa. El é o protagonista nunha nova entrega da Lista Negra en que tamén soan os coruñeses Doctor Snob...…
A
A lista negra
A Lista Negra chega ao medio cento de programas. 50 horas, 3.000 minutos dedicados ao blues. E para celebralo repasamos a intensa traxectoria dun dos mellores guitarristas de todos os tempos, o irrepetible Stevie Ray Vaughan. Responsable do rexurdimento do Texas blues, Stevie viviu ao límite, morreu novo e deixou un oco que ninguén poderá encher xamais. Como sempre, escoitaremos tamén o achegamento á música máis honesta que existe dun grupo galego, desta volta os pontevedreses Gold & Colt.…
A
A lista negra
William Mae 'Big Mama' Thornton acadou un éxito masivo con Hound Dog antes de que Elvis borrase calquera pegada previa coa súa propia versión do tema escrito polo binomio Leiber/Stoller. Cantante, compositoria e harmonicista á que a sorte lle foi sempre bastante esquiva, Thornton escribiu Ball & Chain, peza coa que Janis Joplin tamén triunfou. Neste capítulo da Lista Negra o blues galego chega da man dos históricos Yellow Pixoliñas.…
A
A lista negra
Washboard Sam foi un dos bluesmen máis populares de Chicago nos anos inmediatamente posteriores á Segunda Guerra Mundial. Protegido de Big Bill Broonzy, con quen estaba emparentado, Sam triunfou como vocalista e grazas tamén a que cantaba mentres tocaba a táboa de lavar, un instrumento de percusión de reminiscencias africanas, que o blues soubo incorporar á súa propia tradición. Os santiagueses Bakin' Blues Band son a achega Galega desta semana.…
A
A lista negra
The Rolling Stones son a banda máis grande da historia do rock and roll. Con máis de 60 anos de carreira ás costas e un elepé quentiño do forno no mercado, os Stones sempre reivindicaron a súa ascendencia no blues. E ese é o sustrato que repasamos neste episodio, a conexión de Jagger, Richards e compañía coa música máis honesta que existe. E para rematar, blues galego da man de Lonnegan.…
A
A lista negra
Blind Willie Johnson considerábase un predicador antes que un músico ou un artista. Non é casualidade que este guitarrista extraordinario quizais sexa o maior referente do gospel blues, o subxénero que emparenta a música que nos ocupa coa que se inspira nas Sagradas Escrituras. John son é o progonista dunha nova entrega da Lista Negra en que tamén escoitaremos un coruñés que marchou facer as Américas en busca da esencia do blues: Néstor Pardo.…
A
A lista negra
John Mayall está considerado o gran impulsor do blues rock británico desde mediados dos anos 60 do século pasado ata a actualidade, xa que segue activo aos seus case 90 anos. Á fronte dos Bluesbreakers, a súa banda, Mayall foi o mentor de guitarristas excepcionais como Eric Clapton, Peter Green, fundador de Fleetwood Mac, ou o ex Rolling Stone Mick Taylor. Unha banda galega histórica, Siniestro Total, completa un episodio excepcional da Lista Negra.…
Otis Rush foi outro deses zurdos marabillosos, curtido na época dourada do blues eléctrico de Chicago. Guitarrista cunha técnica exquisita e cantante dotado dun rexistro de tenor imbatible, Rush tivo unha longa e exitosa traxectoria. Ademais, esta semana escoitamos a estrea do novo álbum da Martins Aneiros Band.…
A
A lista negra
Blind Willie McTell foi dos mellores representantes do Piedmont blues. Un mestre da guitarra de 12 cordas, dotado cunha voz fabulosa, que tivo un impacto enorme nos bluesmen da segunda metade do século XX, malia que non acadou nunca o éxito comercial. En palabras de Bob Dylan, "ninguén é quen de cantar o blues como Blimnd Willie McTell"... No programa desta semana tamén escoitamos os históricos Dr. Hello, califas do blues das Rías Baixas hai máis de dúas décadas...…
A
A lista negra
Joseph Vernon Turner Jr. pasou á historia co seu nome artístico, Big Joe Turner. Curtido nos garitos de Kansas City desde os anos 20 do século pasado, Turner destacou como intérprete de boogie-woogie e jump blues na época da lei seca, antes de se converter nun dos pioneiros do rock and roll. A Lista Negra estrea a súa segunda temporada da man de Big Joe Turner, nun programa en que tamén lembraremos os coruñeses Miki Nervio & The Bluesmakers.…
A
A lista negra
Charles Brown foi un cantante e pianista de estilo pulcro, elegante, sosegado, que acadou un éxito considerable trala Segunda Guerra Mundial e, tras un prolongado retiro, gozou dunha última etapa de recoñecemento catro décadas máis tarde. A súa foi sempre unha aposta polo blues refinado, nas antípodas dos rudos bluesmen que emigraron a Chicago desde o Delta do Mississippi. No capítulo de hoxe a dose de blues galego corre a cargo dos Spoonfools.…
Welcome to Player FM!
Player FM is scanning the web for high-quality podcasts for you to enjoy right now. It's the best podcast app and works on Android, iPhone, and the web. Signup to sync subscriptions across devices.