Player FM - Internet Radio Done Right
Checked 1+ y ago
Added two years ago
Content provided by Iago valverde. All podcast content including episodes, graphics, and podcast descriptions are uploaded and provided directly by Iago valverde or their podcast platform partner. If you believe someone is using your copyrighted work without your permission, you can follow the process outlined here https://player.fm/legal.
Player FM - Podcast App
Go offline with the Player FM app!
Go offline with the Player FM app!
Polos camiños da historia. Radio Galega
Mark all (un)played …
Manage series 3426558
Content provided by Iago valverde. All podcast content including episodes, graphics, and podcast descriptions are uploaded and provided directly by Iago valverde or their podcast platform partner. If you believe someone is using your copyrighted work without your permission, you can follow the process outlined here https://player.fm/legal.
Programa sobre a historias de Galiza, dirixido por Xosé Manuel Vega e narrado polo historiador Anselmo López Carreira. 16 capítulos de 50 min. Dende o ano 0 ata 1975. Fonte do audio: http://www.crtvg.es/rg/programas/polos-caminos-da-historia
…
continue reading
16 episodes
Mark all (un)played …
Manage series 3426558
Content provided by Iago valverde. All podcast content including episodes, graphics, and podcast descriptions are uploaded and provided directly by Iago valverde or their podcast platform partner. If you believe someone is using your copyrighted work without your permission, you can follow the process outlined here https://player.fm/legal.
Programa sobre a historias de Galiza, dirixido por Xosé Manuel Vega e narrado polo historiador Anselmo López Carreira. 16 capítulos de 50 min. Dende o ano 0 ata 1975. Fonte do audio: http://www.crtvg.es/rg/programas/polos-caminos-da-historia
…
continue reading
16 episodes
All episodes
×1 Polos camiños da historia 16 - A guerra civil e o franquismo 56:00
56:00
Play Later
Play Later
Lists
Like
Liked
56:00Polos camiños da historia 16 - A guerra civil e o franquismo (s. XX) [wikipedia] A guerra civil española foi un conflito bélico que se desenvolveu tralo fracaso parcial do golpe de estado dun sector do exército contra o goberno democrático da Segunda República española, e que durou do 18 de xullo de 1936 até o 1 de abril de 1939, concluíndo coa vitoria do bando rebelde e coa instauración dunha ditadura de carácter fascista e con trazos propios coñecida como franquismo, debido ó apelido do ditador Francisco Franco Bahamonde. Este decretaría a fin do estado de guerra no ano 1948. Polos camiños da historia do día: 19/08/2018 Fonte do audio: http://www.crtvg.es/rg/programas/polos-caminos-da-historia…
1 Polos camiños da historia 15 - As Irmandades da Fala e o Partido Galegista 56:00
56:00
Play Later
Play Later
Lists
Like
Liked
56:00As Irmandades da Fala e o Partido Galeguista (s. XX) [wikipedia] O 5 e 6 de decembro de 1931 o Partido Galeguista de Pontevedra convoca a VII Asemblea Nacionalista co propósito de crear un partido nacionalista. Á convocatoria acoden 32 grupos e irmandades, entre os que destacan o Grupo Autonomista Galego de Vigo, Labor Galeguista e o Partido Nazonalista Republicán de Ourense. Tamén participan representantes da Federación de Sociedades Galegas da Arxentina e da sección arxentina da ORGA. Nesta Asemblea decídese a disolución das Irmandades da Fala integrándose os seus membros no Partido Galeguista que nace nese momento. O acordo de constitución reclama, por primeira vez na historia de Galicia, o dereito de autodeterminación e proclama, como primeiro obxectivo político, a redacción dun Estatuto de Autonomía. Castelao e Otero Pedrayo forman parte do Consello Executivo. Polos camiños da historia do día: 18/08/2018 Fonte do audio: http://www.crtvg.es/rg/programas/polos-caminos-da-historia…
1 Polos camiños da historia 14 - O Agrarismo e as Irmandades da Fala 55:59
55:59
Play Later
Play Later
Lists
Like
Liked
55:59O Agrarismo e as Irmandades da Fala (s. XX) [wikipedia] O Agrarismo foi un movemento reivindicativo de masas no cal o campesiñado participou activamente a través das sociedades agrarias e de sindicatos agrícolas no primeiro terzo do século XX. O agrarismo é o termo co que se denomina a organización dos labregos en sociedades agrarias ou en sindicatos agrícolas en Galiza a fins do século XIX e sobre todo a partir de 1907 cando apareceu Solidaridad Gallega que axudou a dinamizar o movemento. Os obxectivos do agrarismo era a loita contra o sistema foral, o cal obrigaba ao campesiñado a pagar rendas abusivas, e contra o caciquismo ademais de promover a renovación técnica do sector agrario galego. A súa pretensión era convertérense en propietarios plenos das terras que traballaban. *Basilio Álvarez Polos camiños da historia do día: 12/08/2018 Fonte do audio: http://www.crtvg.es/rg/programas/polos-caminos-da-historia…
1 Polos camiños da historia 13 - O Rexionalismo e o Caciquismo 55:59
55:59
Play Later
Play Later
Lists
Like
Liked
55:59O Rexionalismo e o Caciquismo (s. XIXI) [wikipedia] O rexionalismo supón unha fase intermedia no proceso evolutivo do galeguismo, xa que se sitúa a medio camiño entre o movemento galeguista anterior (o provincialismo) e o posterior (o nacionalismo). *Eugenio Montero Ríos *Manuel Murguía Polos camiños da historia do día: 11/08/2018 Fonte do audio: http://www.crtvg.es/rg/programas/polos-caminos-da-historia…
1 Polos camiños da historia 12 - O Provincialismo e o Rexurdimento 55:59
55:59
Play Later
Play Later
Lists
Like
Liked
55:59O Provincialismo e o Rexurdimento (s. XIX) [wikipedia] Rexurdimento é o nome co que se coñece o século XIX na historia de Galiza e expresa unha traxectoria de recuperación non só literaria, senón tamén cultural, política e histórica. A publicación en 1863 de Cantares gallegos, obra escrita integramente en galego por Rosalía de Castro, inaugura o Rexurdimento Pleno, e as obras anteriores a esta data acostuman clasificarse como pertencentes aos precursores. A Rosalía hai que engadir a Eduardo Pondal, Valentín Lamas Carvajal e mais Manuel Curros Enríquez como os principais escritores en galego desta época. *Antolín Faraldo *Martires de Carral Polos camiños da historia do día: 05/08/2018 Fonte do audio: http://www.crtvg.es/rg/programas/polos-caminos-da-historia…
1 Polos camiños da historia 11 - A guerra de independencia e a revolución industrial 55:59
55:59
Play Later
Play Later
Lists
Like
Liked
55:59Polos camiños da historia 11 - A guerra de independencia e a revolución industrial (s. XVIII-XIX) [wikipedia] Coñécese como guerra da Independencia española ou Francesada o conflito armado que, entre 1808 e 1814 sacudiu a Península Ibérica como consecuencia da entrada das tropas napoleónicas en España co pretexto de invadir Portugal. O Levantamento do 2 de maio contra os invasores foi espontáneo e popular e iniciouse o 2 de maio de 1808, cando o alcalde de Móstoles, Andrés Torrejón, redacta un bando no que insta á poboación a levantarse en armas para socorrer o rei Fernando VII, que estaba retido por Napoleón Bonaparte. Esta guerra está dentro do contexto de guerras napoleónicas. *Cachamiuña *Marqués de Sargadelos Polos camiños da historia do día: 04/08/2018 Fonte do audio: http://www.crtvg.es/rg/programas/polos-caminos-da-historia…
1 Polos camiños da historia 10 - Os austrias e a ilustración 55:59
55:59
Play Later
Play Later
Lists
Like
Liked
55:59Os austrias e a ilustración (s. XVI - XVIII) [wikipedia] O movemento da Ilustración en Galicia desenvolveuse, coma no resto de Europa, no século XVIII, e representou un novo interese polas ideas empíricas na filosofía, na política económica ou nas ciencia. Neste contexto comezou un proceso de construción e recuperación da conciencia da personalidade histórica, cultural e económica do reino de Galiza da man dos ilustrados galegos, persoeiros de letras que entendían a Galiza como unha sociedade diferenciada e como un reino cunhas necesidades específicas *Autrias *Maria Pita *Francis Drake *Padre Feijoo *Martín Sarmiento Polos camiños da historia do día: 29/07/2018 Fonte do audio: http://www.crtvg.es/rg/programas/polos-caminos-da-historia…
1 Polos camiños da historia 09 - Os reis católicos e a doma de Galicia 55:59
55:59
Play Later
Play Later
Lists
Like
Liked
55:59Os reis católicos e a doma de Galicia (s. XV - XVI) [wikipedia] "doma y castración" foron un conxunto de feitos separados e que non todos foran influenciados polos reis Católicos: O declive da literatura galego-portuguesa de arredor do ano 1350. A centralización administrativa e o control do Reino de Galiza que se dá como finalizada, esta si, coa viaxe a Santiago de Compostela dos Reis Católicos en 1486. A asunción do castelán como lingua das clases altas e da administración comezada xa no século XIII e que foi avanzando paulatinamente en diversos campos. *Maria Soliño *Pardo de Cela Polos camiños da historia do día: 28/07/2018 Fonte do audio: http://www.crtvg.es/rg/programas/polos-caminos-da-historia…
1 Polos camiños da historia 08 - Os Castro e as guerras Irmandiñas 55:59
55:59
Play Later
Play Later
Lists
Like
Liked
55:59Os Castro e as guerras Irmandiñas (s. XIV-XV) [wikipedia] Na Galicia medieval, os irmandiños eran os membros das Irmandades constituídas para a defensa dos seus intereses fronte aos abusos dos señores. No século XIV entrou en Galiza unha nobreza moi guerreira e que atacaba os mosteiros, os bispos, os burgueses e os campesiños. Esta nobreza xurdira despois das loitas de Pedro I "o Cruel" e Henrique II. Eran os Osorio en Lemos e Sarria, os Andrade en Pontedeume, os Sarmiento, os Ulloas, os Soutomaior ... Loitaban contra as institucións e despoxábanas violentamente das riquezas que lles pertencían. A época conflitiva en Galicia foi no século XV. Dos constantes conflitos sociais salientan as "Guerras Irmandiñas" que foron dúas: a primeira por parte da “Irmandade Fusquenlla”, e a segunda denominada “Gran Guerra Irmandiña”. *Castro *irmandiños * Roi Xordo Polos camiños da historia do día: 22/07/2018 Fonte do audio: http://www.crtvg.es/rg/programas/polos-caminos-da-historia…
1 Polos camiños da historia 07 - Afonso X e a Peste 55:59
55:59
Play Later
Play Later
Lists
Like
Liked
55:59Afonso X e a Peste (s. XII-XIV) [wikipedia] Afonso X, nado en Toledo o 23 de novembro de 1221[1] e finado en Sevilla o 4 de abril de 1284, foi rei de Castela e León. É recoñecido pola súa obra literaria, científica, histórica e xurídica realizada polo seu escritorio real. Afonso X patrocinou, supervisou e, moitas veces, participou coa súa propia escritura e en colaboración cun conxunto de intelectuais latinos, hebreos e islámicos coñecido como Escola de Tradutores de Toledo, na composición dunha inxente obra literaria que iniciou en boa medida a prosa en castelán. Destacan as Sete Partidas, unha recompilación xurídica e de principios do dereito, e algúns tratados de xadrez e de astronomía. Ademais escribiu poesía en galego-portugués, como as Cantigas de Santa María, realizando unha grande achega á lingua culta do momento na corte do reino, a lingua galego-portuguesa. Tamén escribiu poemas trobadorescos. Por todo isto foi alcumado o Sabio. *Afonso X *María Castaña Polos camiños da historia do día: 21/07/2018 Fonte do audio: http://www.crtvg.es/rg/programas/polos-caminos-da-historia…
1 Polos camiños da historia 06 - A eclosión das cidades e a lírica medieval 55:59
55:59
Play Later
Play Later
Lists
Like
Liked
55:59Eclosión das cidades e a lírica medieval (s. XII - XIV) [wikipedia] A literatura galego-poruguesa é aquela escrita en galego-portugués en diversas zonas da Península Ibérica entre os séculos XII e XV. Esta inclúe lírica sacra e profana e diferentes tipos de prosa. Entre os séculos XII e XIV floreceu no occidente da Península Ibérica un movemento poético en lingua galego-portuguesa. Esta era a única poesía escrita en lingua romance nos reinos de Galiza (antes e despois da independencia de Portugal), León e Castela *Mestre Mateo Polos camiños da historia do día: 15/07/2018 Fonte do audio: http://www.crtvg.es/rg/programas/polos-caminos-da-historia…
1 Polos camiños da historia 05 - A era compostelá e o nacemento de Portugal 55:59
55:59
Play Later
Play Later
Lists
Like
Liked
55:59A era compostelá e o nacemento de Portugal (s. XI-XII) [wikipedia]A Era Compostelá ou Época de Xelmírez foi unha das época de maior brillo e de maior desenvolvemento económico da historia de Galiza. Desenvolveuse durante o século XII, a raíz do período de rexencia do Arcebispo Xelmírez da cidade de Santiago de Compostela. A Era Compostelá parte do contexto dunha época de crecemento poboacional e de expansión do fenómeno urbano. Isto propiciou que aparecesen ou que reabrochasen con maior forza o artesanado e o comercio, motivado isto último en boa parte polos excedentes motivados pola expansión da agricultura. Tamén durante esta época naceu o Camiño de Santiago como fonte de ingresos e como a ponte que comunicou en case todos os sentidos Galiza co resto de Europa, sendo boa proba disto a magnífica literatura medieval expresada na lingua galego-portuguesa. *Diego Xelmírez Polos camiños da historia do día: 14/07/2018 Fonte do audio: http://www.crtvg.es/rg/programas/polos-caminos-da-historia…
1 Polos camiños da historia 04 - O feudalismo, os foros e os mosteiros 55:59
55:59
Play Later
Play Later
Lists
Like
Liked
55:59O feudalismo, os foros e os mosteiros (s. IV - X) [wikipedia] O termo feudalismo é o sistema político, económico e social creado durante a Idade Media na Europa onde o señor proporcionaba protección aos seus vasalos a cambio de tributos e traballos nas súas terras. Os señores feudais eran nobres ou membros da Igrexa e tiñan unha relación de dependencia máis ou menos forte co rei de cada rexión *San Rosendo de Celanova Polos camiños da historia do día: 08/07/2018 Fonte do audio: http://www.crtvg.es/rg/programas/polos-caminos-da-historia…
1 Polos camiños da historia 03 - O reino Suevo 55:59
55:59
Play Later
Play Later
Lists
Like
Liked
55:59O reino Suevo (s. V - VI) [wikipedia] O reino suevo configúrase como a estrutura política máis antiga das actuais rexións da Galiza e o norte e centro de Portugal despois da caída do Imperio Romano. É o primeiro estado medieval, e o primeiro en separarse do Imperio Romano e cuñar moeda. Os suevos eran un pobo xermánico que entraron no noroeste da Península Ibérica en 409 ou 410 nunha vaga migratoria ou guerreira, mais con pouca poboación (entre vinte mil e trinta e cinco mil persoas). Tomaron o control do territorio rapidamente mais, debido ao seu número reducido, non modificaron grandemente a estrutura nin a cultura dos territorios onde se asentaron. *Requiario *Martiño de Dumio Polos camiños da historia do día: 07/07/2018 Fonte do audio: http://www.crtvg.es/rg/programas/polos-caminos-da-historia…
1 Polos camiños da historia 02 - A romanización e a cristianización 55:55
55:55
Play Later
Play Later
Lists
Like
Liked
55:55A romanización e a cristianización (s. I-IV) [wikipedia] O comezo de romanización de Galicia adóitase datar na expedición de Décimo, o Gallaico, e o seu fito de atravesar o río Lethes ou do olvido (o Limia). Porén, o noroeste peninsular non ficou integrado inmediatamente no mundo romano. Ao longo do século I foise estabelecendo un comercio, principalmente nas costas, ao que acompañaron varias expedicións militares (Craso, Perpenna, Xulio César), de maneira que cando Augusto emprendeu as Guerras Cántabras, o noroeste era xa unha simple base de operacións. O territorio pertenceu primeiro á provincia de Lusitania, logo á Tarraconensis e finalmente constituíuse a Gallaecia, xa no século III. Esta dividiuse en tres conventos (demarcacións) xurídicos: bracarense, lucense e asturicense. O latín foi substituíndo as linguas anteriores nun proceso que remataría probabelmente no século III d.C. *Calpurnia Abana *Prisciliano Polos camiños da historia do día: 01/07/2018 Fonte do audio: http://www.crtvg.es/rg/programas/polos-caminos-da-historia…
Welcome to Player FM!
Player FM is scanning the web for high-quality podcasts for you to enjoy right now. It's the best podcast app and works on Android, iPhone, and the web. Signup to sync subscriptions across devices.