Content provided by Radio Galega. All podcast content including episodes, graphics, and podcast descriptions are uploaded and provided directly by Radio Galega or their podcast platform partner. If you believe someone is using your copyrighted work without your permission, you can follow the process outlined here https://player.fm/legal.
Player FM - Podcast App Go offline with the Player FM app!
Jonathan Jones is an NFL cornerback for the Washington Commanders who rose from the undrafted ranks to become two-time Super Bowl champion with the New England Patriots, a businessman, philanthropist, and licensed pilot. In 2019, Jonathan founded the Jonathan Jones Next Step Foundation in 2019, a platform dedicated to empowering youth through education, professional development, and mentorship. The foundation works to alleviate food insecurity, promote women in stem and sports, and to promote professional development in the communities where he lives. Jay and Jonathan talk about investing in the communities they live in, acknowledging the people who helped you become the person you are, and paying that same investment forward to the next generation. Episode Chapters 0:00 intro 1:24 Building local connections 4:25 Jonathan’s mentors and mentees 10:54 Jonathan’s pride in his mentees’ successes 13:04 how Jonathan chooses his causes 14:08 Jonathan’s support for girls and young women 17:19: Jonathan’s passion for flying 19:40 The Next Step Foundation 20:29 Goodbye For video episodes, watch on www.youtube.com/@therudermanfamilyfoundation Stay in touch: X: @JayRuderman | @RudermanFdn LinkedIn: Jay Ruderman | Ruderman Family Foundation Instagram: All About Change Podcast | Ruderman Family Foundation To learn more about the podcast, visit https://allaboutchangepodcast.com/ Looking for more insights into the world of activism? Be sure to check out Jay’s brand new book, Find Your Fight , in which Jay teaches the next generation of activists and advocates how to step up and bring about lasting change. You can find Find Your Fight wherever you buy your books, and you can learn more about it at www.jayruderman.com .…
Content provided by Radio Galega. All podcast content including episodes, graphics, and podcast descriptions are uploaded and provided directly by Radio Galega or their podcast platform partner. If you believe someone is using your copyrighted work without your permission, you can follow the process outlined here https://player.fm/legal.
Programa especial 25 de decembro: gravacións históricas e grandes intérpretes reunidos nunha escolma de blues de Nadal.
Content provided by Radio Galega. All podcast content including episodes, graphics, and podcast descriptions are uploaded and provided directly by Radio Galega or their podcast platform partner. If you believe someone is using your copyrighted work without your permission, you can follow the process outlined here https://player.fm/legal.
Programa especial 25 de decembro: gravacións históricas e grandes intérpretes reunidos nunha escolma de blues de Nadal.
Gary D. Davis pasou á historia co alcume do Reverendo. Non en van, está considerado un dos puntais do gospel blues e un dos artistas que mellor aproveitaron o revival tradicionalista de comezos dos anos 60. Davis tiña todo o necesario: boa voz, boa técnica coa guitarra e unha soberbia actitude interpretativa. No episodio de hoxe a dose galega de blues corre a cargo do ourensán MCarballo, nome artístico do músico e debuxante Manuel Carballo.…
A historia do blues non sería a mesma sen Eric Patrick Clapton. Curtido en bandas como os Yardbirds ou os Bluesbreakers de John Mayall antes de formar os míticos Cream para despois triunfar tamén como solista, Clapton segue en activo aos seus case 80 anos. É un dos grandes nomes da historia do rock británico, pero a diferenza doutros compatriotas de renome, o seu sustrato artístico sempre foi o blues. Ademais de repasar a súa relación coi xénero que nos ocupa, escoitamos o coruñés Luis Moro.…
Blind Lemon Jefferson é unha das figuras máis relevantes da Historia do blues. Foi o primeiro intérprete masculino do xénero que acadou o éxito comercial masivo, nunha época, a década dos anos 20 do século pasado, en que as que máis discos vendían eran mulleres como Bessie Smith, Ma Rainey ou Ida Cox. A diferencia delas, Jefferson compuxo boa parte dos temas cos que triunfou. No programa de hoxe tamén escoitaremos un interesante cantante e acordeonista vigués de espírito errante, Joe Barnara.…
Slim Harpo é seguramente o maior expoñente do que deu chamarse swamp blues ou blues do pantano, o que agromou nalgunhas das zonas máis inhóspitas de Louisiana. Devoto de Jimmy Reed e da súa economía de medios en busca dunha maior efectividade, Harpo soubo incorporar elementos do zydeco ou do cajun entre outros estilos. A súa é unha proposta repousada, elegante e de escoita doada, que tivo un notable éxito comercial. Tamén teremos tempo de escoitar o blues en galego de Brais das Hortas...…
Lead Belly foi un tipo duro que pasou moitos anos no cárcere antes de ser descuberto como artista. Pero non é menos certo que era tamén un cantante e guitarrista talentoso, que sabía de memoria centos de cancións. Lead Belly pode considerarse un bluesman metido a folksinger ou á inversa. El é o protagonista nunha nova entrega da Lista Negra en que tamén soan os coruñeses Doctor Snob...…
A Lista Negra chega ao medio cento de programas. 50 horas, 3.000 minutos dedicados ao blues. E para celebralo repasamos a intensa traxectoria dun dos mellores guitarristas de todos os tempos, o irrepetible Stevie Ray Vaughan. Responsable do rexurdimento do Texas blues, Stevie viviu ao límite, morreu novo e deixou un oco que ninguén poderá encher xamais. Como sempre, escoitaremos tamén o achegamento á música máis honesta que existe dun grupo galego, desta volta os pontevedreses Gold & Colt.…
William Mae 'Big Mama' Thornton acadou un éxito masivo con Hound Dog antes de que Elvis borrase calquera pegada previa coa súa propia versión do tema escrito polo binomio Leiber/Stoller. Cantante, compositoria e harmonicista á que a sorte lle foi sempre bastante esquiva, Thornton escribiu Ball & Chain, peza coa que Janis Joplin tamén triunfou. Neste capítulo da Lista Negra o blues galego chega da man dos históricos Yellow Pixoliñas.…
Washboard Sam foi un dos bluesmen máis populares de Chicago nos anos inmediatamente posteriores á Segunda Guerra Mundial. Protegido de Big Bill Broonzy, con quen estaba emparentado, Sam triunfou como vocalista e grazas tamén a que cantaba mentres tocaba a táboa de lavar, un instrumento de percusión de reminiscencias africanas, que o blues soubo incorporar á súa propia tradición. Os santiagueses Bakin' Blues Band son a achega Galega desta semana.…
The Rolling Stones son a banda máis grande da historia do rock and roll. Con máis de 60 anos de carreira ás costas e un elepé quentiño do forno no mercado, os Stones sempre reivindicaron a súa ascendencia no blues. E ese é o sustrato que repasamos neste episodio, a conexión de Jagger, Richards e compañía coa música máis honesta que existe. E para rematar, blues galego da man de Lonnegan.…
Blind Willie Johnson considerábase un predicador antes que un músico ou un artista. Non é casualidade que este guitarrista extraordinario quizais sexa o maior referente do gospel blues, o subxénero que emparenta a música que nos ocupa coa que se inspira nas Sagradas Escrituras. John son é o progonista dunha nova entrega da Lista Negra en que tamén escoitaremos un coruñés que marchou facer as Américas en busca da esencia do blues: Néstor Pardo.…
John Mayall está considerado o gran impulsor do blues rock británico desde mediados dos anos 60 do século pasado ata a actualidade, xa que segue activo aos seus case 90 anos. Á fronte dos Bluesbreakers, a súa banda, Mayall foi o mentor de guitarristas excepcionais como Eric Clapton, Peter Green, fundador de Fleetwood Mac, ou o ex Rolling Stone Mick Taylor. Unha banda galega histórica, Siniestro Total, completa un episodio excepcional da Lista Negra.…
Otis Rush foi outro deses zurdos marabillosos, curtido na época dourada do blues eléctrico de Chicago. Guitarrista cunha técnica exquisita e cantante dotado dun rexistro de tenor imbatible, Rush tivo unha longa e exitosa traxectoria. Ademais, esta semana escoitamos a estrea do novo álbum da Martins Aneiros Band.…
Blind Willie McTell foi dos mellores representantes do Piedmont blues. Un mestre da guitarra de 12 cordas, dotado cunha voz fabulosa, que tivo un impacto enorme nos bluesmen da segunda metade do século XX, malia que non acadou nunca o éxito comercial. En palabras de Bob Dylan, "ninguén é quen de cantar o blues como Blimnd Willie McTell"... No programa desta semana tamén escoitamos os históricos Dr. Hello, califas do blues das Rías Baixas hai máis de dúas décadas...…
Joseph Vernon Turner Jr. pasou á historia co seu nome artístico, Big Joe Turner. Curtido nos garitos de Kansas City desde os anos 20 do século pasado, Turner destacou como intérprete de boogie-woogie e jump blues na época da lei seca, antes de se converter nun dos pioneiros do rock and roll. A Lista Negra estrea a súa segunda temporada da man de Big Joe Turner, nun programa en que tamén lembraremos os coruñeses Miki Nervio & The Bluesmakers.…
Charles Brown foi un cantante e pianista de estilo pulcro, elegante, sosegado, que acadou un éxito considerable trala Segunda Guerra Mundial e, tras un prolongado retiro, gozou dunha última etapa de recoñecemento catro décadas máis tarde. A súa foi sempre unha aposta polo blues refinado, nas antípodas dos rudos bluesmen que emigraron a Chicago desde o Delta do Mississippi. No capítulo de hoxe a dose de blues galego corre a cargo dos Spoonfools.…
Hudson Woodbridge, alias Tampa Red, foi un dos pioneiros do blues de Chicago e un mestre do slide do que aprenderon outras figuras posteriores como Big Bill Broonzy ou Elmore James entre outros. Tampa Red coñeceu o éxito e o esquecemento máis absoluto. Neste episodio tamén escoitaremos blues galego da man do harmonicista compostelán Marcos Coll.…
Samuel Maghett, alias Magic Sam é un guitarrista esencial na historia do blues. Malia que morreu moi novo, con só 32 anos, e que a súa carreira profesional apenas durou unha década, o alcumado Rei do Trémolo deixou unha pegada imborrable e asinou algúns elepés que deben formar parte de calquera antoloxía do xénero. Sam foi un músico efervescente, audaz e imaxinativo, cun son inconfundible. A proposta galega desta semana é a do coruñés David LH.…
Referente cultural absoluto do último século, premio Nobel de Litertura, estandarte da contracultura, Óscar á mellor canción, revolución nun só home e artista alérxico ás etiquetas, Robert Allen Zimmerman tamén é un dos bluesmen brancos máis lonxevos e senlleiros. De feito, leva tocando o xénero que nos ocupa desde o inicio da súa carreira ata o día de hoxe, en que os seus recitais evocan a atomósfera dos vellos clubes en que se curtiron os seus ídolos de xuventude. Aos seus 82 anos, Bob Dylan segue máis vixente que nunca, e este episodio é unha retrospectiva das súas pezas de blues máis senlleiras. Ademais, o noso presentador, Eduardo Herrero, devoto seguidor do bardo de Minnesota, achéganos unha das composicións da súa banda, En Casa del Herrero, inspirada precisamente nun tema de Dylan.…
Como tantos outros, Herman Junior Parker fixo a viaxe desde Mississippi a Chicago. Parker teceu unha ponte do blues ao soul Gran cantante e notable harmonicista, a súa sona non lle fai xustiza ao seu legado. Junior Parker facía moitas cousas e todas ben. Tamén habemos buscar tempo para escoitar os galegos Hermanos Zapruder.…
Todo o mundo ten dereito a se equivocar. Aleck Miller cometeu o erro de querer ser quen non era. Durante algún tempo usurpou a identidade de John Lee Curtis, artisticamente coñecido como Sonny Boy Williamson. Eran outros tempos e, aclarada a confusión, Miller pasou á Historia como Sonny BoyWilliamson II. Tamén como un dos mellores harmonicistas do blues moderno, que marcou a primeira xeración británica de bluesmen. Sonny Boy Segundo é o protagonista nA Lista Negra esta semana, en que o acento galego corre a cargo dunha banda fabulosa que xa non está en activo, Mil Demonios.…
John Let Chatman, máis coñecido como memphis Slim, foi un dos mellores pianistas do século XX e un dos grandes nomes da historia do blues. Aprendeu o oficio doutros grandes do xénero como Big Bill Broonzy, e acabou compartindo gravacións con aumnos aventaxados da xeración branca dos anos 60 como Canned Heat. Slim acabou instalado en París, onde gozou do merecido estatus de referente nas súas xiras de madurez por toda Europa. A dose galega de blues corre desta volta a cargo de Alex & Leira.…
Louis Jordan, alcumado The King Of The Jukebox (o rei da máquina de discos), foi un cantante e saxofonista de enorme éxito na segunda metade dos anos 40 do século pasado. A ritmo de swing e boogie woogie emerxeu como un dos grandes do jump blues, precursor inmediato do rhythm and blues. Jordan e a súa banda, os Tympany Five, protagonizan un novo episodio da Lista Negra en que tamén escoitaremos algo de blues galego, desta volta desde Ribeira con Chamaquito Pistolas.…
Alcumada a Nai do Blues, Gertrude Ma Rainey foi unha das pioneiras do xénero e, sen dúbida, outra desas mulleres adiantadas ao seu tempo que merece un lugar destacado na Lista Negra. Cantante carismática e de enorme éxito nos anos 20 do seculo XX, época dorada do vodevil, tamén foi mentora doutra figura indiscutible como Bessie Smith. A formación galega convidada esta semana son os ourensáns 4Mal Quartet.…
Son House compartiu a súa mocidade cos dous maiores mitos fundacionais do blues do Delta, Charley Patton e Robert Johnson. Achegouse ao xénero despois de vencer as reticencias que lle impoñían as súas profundas conviccións relixiosas. House tiña unha voz profunda e áspera, e desenvolveu unha efectiva técnica co slide, o que lle permitiu erixirse a longo prazo nunha autoridade, xa que se mantivo activo ata mediados dos anos 70. Ademais, neste programa da Lista Negra escoitamos tamén os coruñeses Greasy Belly.…
Para calibrar a importancia de Willie Dixon no blues moderno, basta con lembrar que a súa biografía autorizada leva por título I Am The Blues (eu son o blues). Hoochie Coochie Man. I Ain't Superstitious. I Just Want To Make Love To You. Spoonful. The Little Red Rooster. My Babe. Wang Dang Doodle. Evil. I'm Ready... Ninguén compuxo tantos clásicos absolutos, tantos estándares do blues como Dixon, que ademais de surtir de éxitos a outros artistas, foi tamén produtor, baixista e cantante. El é o protagonista na Lista Negra esta semana, en que tamén escoitaremos o vigués Denis Carballás.…
Charles Patton é algo así como o pai fundador do blues do Delta, o que sentou as bases da áspera variante do country blues que agromou nesa rexión do sur profundo. Contan que Patton era quen de se facer escoitar a medio quilómetro de distancia sen ningún tipo de amplificación. Cantante poderoso e excelente guitarrista, acadou moita sona malia morrer aínda novo, e marcou o estilo dos que viñeron detrás. O grupo galego desta semana son os pontevedreses Sugar Mountain.…
Little Walter Jacobs foi un músico monumental e un tipo cun carácter extremadamente difícil. As dúas cousas son igual de certas. Jacobs redefiniu o papel da harmonica no blues e dotouna dun novo son grazas ao uso dos sistemas de amplificación destinados ás guitarras. Ademais doi un cantante notable, que acadou un éxito comercial maior que o de mitos da talla de Howlin' Wolf ou Muddy Waters. O proxecto galego convidado esta semana é o de Hard Trip.…
Albert Collins é un dos maiores expoñentes do blues de Texas. Alcumado o Mestre da Telecaster e o Home de Xeo, foi un guitarrista excepcional cun enorme sentido do espectáculo. Tardou en ser recoñecido como merecía, e morreu cando atravesaba o seu mellor momento. Marian Ledesma & Los Tinaquero Brothers son os galegos convidados da semana.…
Nehemiah Curtis Skip James fixo de todo ademais de historia na música. Traballou en mil cousas, e non todas elas dentro da lei. Tiña un estilo único tocando a guitarra e o piano, e cantaba sempre en falseto. Prodigouse pouco nos estudios de gravación, pois non quería deixar rastro tras de si. Renegou do blues pola súa fe en Xesucristo. E foi redescuberto a mediados dos anos 60 cando a súa saúde estaba xa moi deteriorada. Ademais, Luis Vallecillo é o noso galego na Lista Negra desta semana.…
Guitarrista e cantante excepcional, Big Bill Broonzy foi un dos pioneiros do blues moderno que comezar a agromar en Chicago no período de entreguerras. Broonzy, criado en Arkansas nunha familia tan numerosa como pobre, soubo reiventarse ata atopar o seu propio espazo e son na cidade do vento, onde acabaría por apadriñar outro mito como Muddy Waters. Os ourensáns The Impossiblues son os galegos convidados neste episodio da Lista Negra.…
Welcome to Player FM!
Player FM is scanning the web for high-quality podcasts for you to enjoy right now. It's the best podcast app and works on Android, iPhone, and the web. Signup to sync subscriptions across devices.